Un milleiro de soles espléndidos

novela de Khaled Hosseini

Un milleiro de soles espléndidos[1] (en inglés: A Thousand Splendid Suns) é unha novela do escritor afgán Khaled Hosseini, publicada en 2007. É a súa segunda novela, despois do seu debut en 2003 con O cazador de papaventos. Mariam é unha filla ilexítima, e sofre tanto o estigma que rodea o seu nacemento como o abuso que ó que se enfronta despois do seu matrimonio. Laila, nada unha xeración despois, é en comparanza unha privilexiada durante a súa xuventude. As súas vidas crúzanse cando se ve obrigada a aceptar unha proposta de matrimonio de Rasheed, o esposo de Mariam.

Un milleiro de soles espléndidos
Título orixinalA Thousand Splendid Suns
Autor/aKhaled Hosseini
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Riverhead Books
Galicia Ediciones El Andén
Data de pub. 22 de maio de 2007
Galicia febreiro de 2008
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas384
ISBNISBN 978-1-59448-950-1
ISBN 978-84-92475-47-6
Precedido porO cazador de papaventos
Seguido porAnd the Mountains Echoed
TraduciónMaría Pardo Vuelta
editar datos en Wikidata ]

Hosseini destacou nesta novela a súa intención de facer unha "historia de nai e filla" en contraste con O cazador de papaventos, que el considera unha "historia de pai e fillo".[2] Continúa algúns dos temas que empregou na súa obra anterior, como as relacións familiares, pero nesta ocasión céntrase nas personaxes femininas e o seu papel dentro da sociedade afgá.

Notas editar

  1. Biblioteca de Tradución galega (ed.). "Ficha do libro en Bitraga". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  2. Book Browse, ed. (2007). "An interview with Khaled Hosseini". Consultado o 2 de xullo de 2013.