As ancas de ra, tamén denominadas zancos de ra,[1] é dicir, as extremidades posteriores das ras, son unha especialidade culinaria en diversos países.

Ancas de ra.
Cuisses de grenouille francesas.

Xeografía gastronómica das ancas de ra

editar

Entre os países consumidores de ancas de ra encóntranse España, Francia, Portugal (en especial no Alentejo), China, México, en varias illas caribeñas e no noroeste de Grecia, así como na cociña do medio oeste dos Estados Unidos.

Pódense cociñar de moitas maneiras, pero en todas elas empréganse as extremidades traseiras das ras comestíbeis de cada país.

Existen variedades comestíbeis como a denominada 'polo das montañas' (Leptodactylus fallax) moi popular nas illas de Montserrat e Dominica.

En Galicia

editar

Aínda que en Galicia non se adoitan consumir ancas de ra, como ocorre noutras zonas da Península Ibérica,[2], nagunhas zonas, especialmente na comarca da Limia,[1] (e tamén na cidade de Vigo), cómense sobre todo as das especies Rana perezi e Rana temporaria, que son moi abundantes.[3][4] Cando existía a lagoa de Antela, R. perezi pescábase para aproveitar os seus zancos, que eran obxecto de comercio, e agora, desecada a lagoa, o costume de comelos segue substintindo na zona.[1]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Asensi Cabrita, Moisés (2006): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9652-629-1.
  • Curt Martínez, José e Galán Regalado, Pedro (1982): Esos anfibios y reptiles gallegos. Pontevedra: Ed. José Curt Martínez. Dep. Legal PO 175/82.

Outros artigos

editar

Ligazónss externas

editar