Leptodactylus fallax

especie de anfibio

Leptodactylus fallax, tamén coñecido popularmente como "polo das montañas", é unha especie de ra orixinaria das illas caribeñas de Dominica e Montserrat. A poboación declinou un 81% nos últimos dez anos e esta especie esta agora gravemente en perigo de extinción. En 2004 estimouse que a súa poboación estaba por baixo dos 8.000 exemplares.[1] Unha das súas principais ameazas é o consumo humano, xa que son uns animais moi aprezados na especialidade culinaria das ancas de ra. A doenza quitridiomicose tamén ten un efecto dramático na poboación.[2]

Distribución e hábitat editar

A especie distribuíase outrora en moitas das illas orientais do Caribe, mais no presente só habita en Dominica e Montserrat. Tamén estivo presente en Guadalupe, Martinica, Saint Kitts e Nevis, mais hoxe desapareceu deses lugares, e tamén é probable que habitase en Santa Lucía e Antiga. A especie foi introducida sen éxito en Xamaica e Porto Rico.[1] Hoxe, habita exclusivamente na montaña central do norte de Montserrat, perdendo gran parte do seu hábitat no resto da illa por mor das erupcións volcánicas, e no oeste de Dominica.[1][3] Tamén está presente no leste da illa de Dominica, mais a orixe da súa presenza alí non está clara e é probable que fose introducida.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 John Fa, Blair Hedges, Beatrice Ibéné, Michel Breuil, Robert Powell, Christopher Magin. (2010). "Leptodactylus fallax". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2010: e.T57125A11586775. Consultado o 17 de decembro de 2015. 
  2. Richard, Black (17 de marzo de 2009). "Fungus devastates 'chicken' frog". BBC News. 
  3. 3,0 3,1 Daltry, J.C. (2002) Mountain Chicken Monitoring Manual. Fauna and Flora International, Cambridge, and the Forestry and Wildlife Division, Dominica.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar