María Soledad Iparraguirre
María Soledad Iparraguirre Guenechea, alias Anboto e Marisol, nada en Eskoriatza, Guipúscoa en 1961, é unha dirixente e membro da banda terrorista ETA, detida preto de Pau (Francia) en 2004 xunto ao seu compañeiro sentimental e cerebro da banda Mikel Antza na casa que ocupaban dende xuño de 1999 en Salies de Béarn.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Soledad Iparraguirre Guenechea 25 de abril de 1961 (63 anos) Eskoriatza, España |
Outros nomes | Anboto Marisol (–1994) Marixol |
Actividade | |
Membro de | |
Familia | |
Parella | Mikel Antza |
Pai | Xanti Iparragirre |
Traxectoria
editarAnboto, filla dun membro de ETA, xa de moza cooperaba co comando Araba prestando a vivenda familiar para acoller membros da organización ou agochar explosivos. Cando a familia foi detida nunha operación policial en 1981, fuxiu a Francia. Regresou en 1985 para, xunto con Kantauri, integrar o comando Araba até 1987 e, dende 1992, o comando Madrid. Foi a segunda muller que se atopaba na dirección de ETA, tras Dolores González Katarain, Yoyes, asasinada pola propia ETA na década de 1980. Está acusada en España de 14 asasinatos. Foi xefa dos chamados comandos legais de ETA de 1992 a 1998. Como xefa de administración de ETA dirixía as operacións de cobro, xestión e distribución do imposto revolucionario.[1][2]
Tras a detención en 2004, o xuízo en Francia contra Soledad Iparraguirre e outro oito procesados iniciouse no Tribunal do Criminal de París, en novembro de 2010, acusada de ser a xefa de administración de ETA ó tempo da súa detención, polo que o fiscal solicitou 30 anos de prisión.[3][4] Foi condenada a 20 anos de prisión, a mesma pena que a Mikel Antza o 17 de decembro de 2010.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Gastaminza, Genoveva (4 de outubro de 2004). "Una dirigente acusada de 14 asesinatos". El País.
- ↑ 2,0 2,1 Jiménez Barca, Antonio (17 de decembro de 2010). "Francia condena a los ex dirigentes etarras Mikel Antza y Soledad Iparraguirre a 20 años de cárcel". El País.
- ↑ "La Fiscalía francesa pide 30 años de cárcel para 'Antza' y 'Anboto' por ser dirigentes de ETA". 20 minutos. 14 de decembro de 2010.
- ↑ "Juzgan en París a los ex jefes de ETA 'Mikel Antza' y 'Anboto'". 20 minutos. 15 de novembro de 2010.
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |