Ametista impostora
Ametista impostora | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Laccaria amethystina (Huds.) Cooke | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Laccaria laccata var. amethystina (Cooke) Rea |
A ametista impostora[Cómpre referencia] (Laccaria amethystina), é un pequeno cogomelo comestíbel e de cor brillante que medra en bosques caducifolios e de coníferas. A súa cor ametista (violeta) vaise perdendo coa idade e o desgaste, o que o fai difícil de identificar, de aí o nome de impostora. O nome común compártase coa especie relacionada Laccaria laccata. Atópase nas zonas temperadas do hemisferio norte, mais tamén atopáronse nalgunhas zonas tropicais de América Central e do Sur. Recentemente a outras especies do xénero déuselle tamén o nome de impostoras. Aparece en Galiza.
Descrición editar
O chapeu mide 1–6 cm de diámetro, e é inicialmente convexo, tornándose despois aachatado, e normalmente cunha depresión central (embigo). Cando Cando aínda é novo e húmido ten unha cor lila púrpura intensa, que se desvanece coa disecación. Ás veces é algo casposo no centro,[1] e ten estrías pálidas no beirado.[2]
O pé ou esteo ten a mesma cor ca o chapeu, e ten fibrilas abrancazadas na base, que se fan fariñentas na parte superior.[1] É fibroso, oco, bastante áspero cando se esmaga coss dedos, con dimensións de 0,6 to 7 centimetres (0,24 to 2,76 in) de longo por 0,1 to 0,7 centimetres (0,039 to 0,276 in) de ancho.[1] A carne non ten un sabor ou cheiro distitivo, e é fina, cunha cor lila pálida.[1] As lamelas son da mesma cor ca o chapeu, normalmente bastante espazados, e teñen unha voaxa de esporas brancas; a unión co esteo é sinuosa; cunha indentación cóncava antes de ligar o esteo.[1]
Taxonomía editar
Es especie foi descrita en 1778 polo coñecido botánico e farmacéutico inglés William Hudson coma Agaricus amethystinus, e despois púxose no xénero Laccaria por Mordecai Cubitt Cooke. Este fungo tivo moitos binomios, pero o máis frecuente son as referencias á cor ametista. Dunha volta foi emprazada no xénero Collybia, como Collybia amethystina, seguramente pola forma do esteo. O seu lugar actual no xénero Laccaria, co nome específico amethystina, foi usado por Cooke por vez primeira en 1884. En 1922 nomeouse coma unha variedade de Laccaria laccata, Laccaria laccata var. amethystina (Cooke) Rea, considerada hoxe sinónimo.
Características microscópicas editar
As esporas son esféricas, hialinas, e leva espiños en punta (equinulados) que son longos en relación co tamaño da espora; que adoitan ter dimensións de 7 & ndash; 10 por 7 & ndash; 10 m. Os basidios, as células portadores de esporas, son en forma de maza e hialina, e son 30 & ndash; 64,5 por 8,5 e ndash; 14 µm .[3]
Distribución e hábitat editar
L. amethystina é unha especie común na maioría das zonas temperadas de Europa, Asia, América Central, América do Sur, e leste de América do Norte. Medra solitario ou espallado en bosques caducifolios e de coníferas, asociado a micorrizas, especialmente con árbores da orde das Fagales. Aparece a finais do verán ou a comezos do inverno, e frecuentemente en faiais;[1] de América Central e do Sur, ou en carballeiras.[3] As pescudas mostraron que L. amethystina é un fungo-amonio, unha clasificación ecolóxica que se refire aos organismos que medran en solos onde hai moito amoníaco, ou outra forma de nitróxeno;[4] a especie do mesmo xénero Laccaria bicolor tamén é un fungo-amonio.[3]
Comestibilidade editar
Coma outros membros do xénero Laccaria, esta especie é comestíbel, aínda que xeralmente non se procura para alimentación. Aínda que non é inherentemente tóxico, en solos que están contaminadas con arsénico, pode bioacumular unha elevada concentración de devandito elemento.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Roger Phillips (2006). Mushrooms. Pan MacMillan. ISBN 0-330-44237-6.
- ↑ Thomas Laessoe (1998). Mushrooms (flexi bound). Dorling Kindersley. ISBN 0-7513-1070-0.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Mueller, 1992. p 71–72.
- ↑ Imamura A., Akio (2001). "Report on Laccaria amethystina, newly confirmed as an ammonia fungus". Mycoscience 42 (6): 623–25. doi:10.1007/BF02460961.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ametista impostora |
Bibliografía editar
- Mueller, Gregory M. (1984). "New North American species of Laccaria (Agaricales)". Mycotaxon 20 (1): 101–116.
- Mueller, Gregory M. (1992). "Systematics of Laccaria (Agaricales) in the continental United States and Canada, with discussions on extralimital taxa and descriptions of extant types". Fieldiana Botany 30: 1–158. ISSN 0015-0746. (Arquivado en: Archive.org.)
- Mueller, Gregory M. (1997). "The mushroom genus Laccaria in North America". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2009. Field Museum of Natural History. Consultado o 12-12-2010.