American Football League
A American Football League (AFL) foi unha liga profesional de fútbol americano que operou entre en 1960 até 1969, cando se fusionou coa National Football League (NFL). A liga foi creado por un grupo de empresarios que non puideran obter franquías de expansión da NFL co obxectivo de competir con esta última. Os equipos fundadores da AFL foron os New York Titans, os Boston Patriots, os Buffalo Bills e os Houston Oilers da División Leste e Los Angeles Chargers, Denver Broncos, Oakland Raiders e Dallas Texans da División Oeste.
American Football League | |
---|---|
Fundación | 1959 (1ª temporada en 1960) |
Desaparición | 1970 (fusión coa NFL) |
Rexión | ![]() |
Equipos | 8 (1960–1965) 9 (1966–1967) 10 (1968–1970) |
Máis laureado | Kansas City Chiefs (3 títulos) |
HistoriaEditar
A American Football League foi fundada por empresarios que non obtiveran franquías na NFL e por socios minoritarios. Na súa primeira tempada en 1960, a liga tiña oito equipos: catro en cidades con equipos da NFL (Os Ánxeles, Nova York, Oakland e Dallas) e catro en cidades sen presenza na NFL (Boston, Buffalo, Denver e Houston). En 1961 os Chargers mudáronse de Los Ángeles a San Diego, e en 1963 os Dallas convertéronse nos Kansas City Chiefs, aumentando así a cantidade de cidades alternativas á NFL. Miami incorporouse á liga en 1966 e Cincinnati en 1968, para un total de dez equipos. A AFL foi emitida por televisión pola cadea ABC desde 1960 até 1964, e a NBC a partir de 1965. Mediante os ingresos dos contratos de televisión, os equipos iniciaron unha guerra económica coa NFL para contratar os mellores xogadores. Ademais se implementaron medidas para aumentar o interese do público, como colocar os apelidos dos xogadores no dorsal das camisetas, e adoptar a conversión de dous puntos.
En maio de 1966, os New York Giants da NFL asinaron un contrato con Pete Gogolak, quen tiña un contrato vixente cos Buffalo Bills do AFL, violando o acordo entre ambas as ligas. En xuño, ambas as ligas asinaron un acordo para fusionarse, acordando que ningún equipo quedaría excluído nin cambiaría de cidade. Ao final da tempada 1966−67 disputaríase un partido entre os campións de ambas as ligas, e en 1970 ambas as ligas integrarían os seus calendarios. Este partido entre os campións de ambas ligas é o hoxe coñecido como Super Bowl.
Equipo ideal da historia da AFLEditar
Os seguintes xogadores foron escollidos en 1969 polo Comité do Salón da Fama da American Football League como membros do equipo ideal de toda a historia da competición:[1]
Equipo All-Time da AFL | |||||
Ataque | Defensa | Equipos especiais | |||
Posición | Xogador | Posición | Xogador | Posición | Xogador |
---|---|---|---|---|---|
WR | Lance Alworth | End | Jerry Mays | K | George Blanda |
End | Don Maynard | Gerry Philbin | |||
TE | Fred Arbanas | T | Houston Antwine | ||
T | Ron Mix | Tom Sestak | |||
Jim Tyrer | LB | Bobby Bell | |||
C | Jim Otto | George Webster | |||
G | Ed Budde | Nick Buoniconti | P | Jerrel Wilson | |
Billy Shaw | CB | Willie Brown | |||
QB | Joe Namath | Dave Grayson | |||
RB | Clem Daniels | S | Johnny Robinson | ||
Paul Lowe | George Saimes |
FranquíasEditar
División | Equipo | Debut | Estadio | Balance | Títulos |
---|---|---|---|---|---|
Leste | Boston Patriots | 1960 | Nickerson Field (1960–1962), Fenway Park (1963–1968), Alumni Stadium (1969) | 64-69-9 | 0 |
Buffalo Bills | 1960 | War Memorial Stadium (1960–1969) | 67-71-6 | 2 | |
Houston Oilers | 1960 | Jeppesen Stadium (1960–1964), Rice Stadium (1965–1967), Houston Astrodome (1968–1969) | 72-69-4 | 2 | |
Miami Dolphins | 1966 | Miami Orange Bowl (1966–1969) | 15-39-2 | 0 | |
New York Titans/Jets | 1960 | Polo Grounds (1960–1963), Shea Stadium (1964–1969) | 71-67-6 | 1 | |
Oeste | Cincinnati Bengals | 1968 | Nippert Stadium (1968–1969) | 7-20-1 | 0 |
Dallas Texans/Kansas City Chiefs | 1960 | Cotton Bowl (1960–1962), Municipal Stadium (1963–1969) | 92-50-5 | 3 | |
Denver Broncos | 1960 | Bears Stadium/Mile High Stadium (1960–1969) | 39-97-4 | 0 | |
Los Angeles/San Diego Chargers | 1960 | Los Angeles Memorial Coliseum (1960), Balboa Stadium (1961–1966), San Diego Stadium (1967–1969) | 88-51-6 | 1 | |
Oakland Raiders | 1960 | Kezar Stadium (1960), Candlestick Park (1961), Frank Youell Field (1962–1965), Oakland–Alameda County Coliseum (1966–1969) | 80-61-5 | 1 |
Actualmente, dúas das oito divisións da NFL están completamente compostas por ex-equipos da AFL: a AFC Oeste (Broncos, Chargers, Chiefs e Raiders) e a AFC Leste (Bills, Dolphins, Jets e Patriots). Adicionalmente, os Bengals xogan na AFC Norte e os Tennessee Titans (antigamente Oilers) na AFC Sur.
Finais da AFLEditar
División Leste | División Oeste |
Ano | Data | Campión | Marcador | Subcampión | MVP | Sede | Asistencia |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1960 | 1 de xaneiro de 1961 | Houston Oilers | 24–16 | Los Angeles Chargers | Billy Cannon | Jeppesen Stadium | 32.183 |
1961 | 24 de decembro de 1961 | Houston Oilers (2) | 10–3 | San Diego Chargers | Billy Cannon | Balboa Stadium | 29.556 |
1962 | 23 de decembro de 1962 | Dallas Texans | 20–17 (PR) | Houston Oilers | Jack Spikes | Jeppesen Stadium (2) | 37.981 |
1963 | 5 de xaneiro de 1964 | San Diego Chargers | 51–10 | Boston Patriots | Keith Lincoln | Balboa Stadium (2) | 30.127 |
1964 | 26 de decembro de 1964 | Buffalo Bills | 20–7 | San Diego Chargers | Jack Kemp | War Memorial Stadium | 40.242 |
1965 | 26 de decembro de 1965 | Buffalo Bills (2) | 23–0 | San Diego Chargers | Jack Kemp | Balboa Stadium (3) | 30.361 |
1966 | 1 de xaneiro de 1967 | Kansas City Chiefs (2) | 31–7 | Buffalo Bills | Len Dawson | War Memorial Stadium (2) | 42.080 |
1967 | 31 de decembro de 1967 | Oakland Raiders | 40–7 | Houston Oilers | Daryle Lamonica | Oakland–Alameda County Coliseum | 53.330 |
1968 | 29 de decembro de 1968 | New York Jets | 27–23 | Oakland Raiders | Joe Namath | Shea Stadium | 62.627 |
1969 | 4 de xaneiro de 1970 | Kansas City Chiefs (3) | 17–7 | Oakland Raiders | Otis Taylor | Oakland–Alameda County Coliseum (2) | 53.561 |
Cursiva – Finalista da Super Bowl, Negra – Campión da Super Bowl
NotasEditar
- ↑ 2001 National Football League Record and Fact Book, p. 405, Edited by Randal Liu and Matt Marini, Workman Publishing Company, New York, ISBN 0-7611-2480-2