Ameixas á mariñeira


As ameixas á mariñeira son un guiso de ameixas moi típico da gastronomía de Galiza, particularmente da zona das Rías Baixas, sendo tamén moi popular noutras zonas de España coma Cantabria.[1] As ameixas elabóranse cun rustrido de cebola e tomate esmagado, e con viño branco. Todo isto aromatizado e corado con pemento. Este prato sérvese quente, tradicionalmente nunha pota ou cazola de barro.

Ameixas á mariñeira

Cazola de barro con ameixas á mariñeira.
Tipo Guiso
Orixe Rías Baixas, Galicia Galicia
Gastronomía Gastronomía de Galicia
Ingredientes
Orixe animal Ameixas
Orixe vexetal Cebola
Tomate
Condimentos Viño branco

Características

editar

Trátase dunha preparación que polo uso do marisco posúe un característico recendo e sabor a mar, provindo a denominación «á mariñeira» desta característica. Ás veces empréganse as polas doutros marisco co obxecto de elaborar un caldo que acompañe e aromatice o prato.[2] Adóitanse empregar ameixas, aínda que nalgunhas ocasións preséntanse pratos con chirlas (chirlas á mariñeira), que acostuman ter un menor tamaño. Do mesmo xeito pode elaborarse o prato con mexillóns (mexillóns á mariñeira).

O mollo adoita ter unha cor arroibada por mor do uso do pemento doce. Nalgunhas ocasións engádese pemento tipo chile en po, que lle dá un sabor lixeiramente picante.[3]

  1. Sordo, Enrique (1980). "Gastronomía de la provincia de Santander". En Argos Vergara. Cómo conocer la cocina española. Barcelona. p. 85. ISBN 84-7017-907-1. 
  2. Erauzkin, Iker (2007). CEAC, ed. Cocina de Fiesta. p. 32. 
  3. Cunqueiro, Álvaro (1982). Everest, ed. La cocina gallega (1.ª ed.). Madrid. ISBN 9788424122195.