Amadeo López Bello
Amadeo López Bello, nado en Carballeda de Avia en 1904 e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Amadeo López Bello | |
---|---|
Nacemento | 1904 |
Carballeda de Avia | |
Falecemento | 29 de agosto de 1936 |
Ourille, Verea | |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Mestre en Beiro (Carballeda de Avia). Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e foi redactor de Escuela de Trabajo. Tamén colaborou na revista Nós onde publicou dúas lendas recollidas por el. En 1933 asistiu a un Congreso internacional contra a guerra e pola paz en Santander. Foi detido en Ourense con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 acusado de presidir un comité comunista.[1] Foi paseado con Julio González Alvárez e Silvio Torres Díaz en Poza das Ras, na parroquia de Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936.
A súa biografía serviu de inspiración para o personaxe "Pinguiña" do libro A taberna do Galo de Celso Emilio Ferreiro.
NotasEditar
- ↑ "Detención de un comité comunista" ABC, 24/10/1934.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Amadeo López Bello na páxina web Nomes e Voces.