Julio González Álvarez

mestre e político galego

Julio González Álvarez, nado en Santa María de Cexo (Verea) cara a 1911 e finado no mesmo concello o 29 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaJulio González Álvarez
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Santa María de Cexo, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Ourille, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi nomeado mestre interino de Pitelos en febreiro de 1930.[1] Membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO). Obtivo praza como cursillista de 1933 en Famelga en 1934,[2] e permutou con Antonio Vidal Provenza a de Gontán en febreiro de 1935.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 escapou a Portugal, pero foi capturado. Detido e destituído o 12 de agosto,[4][5] foi paseado con Amadeo López Bello, Silvio Torres Díaz e Eloy Romero Luis e o seu cadáver apareceu en Poza das Ras (Ourille). Como resultado do proceso de depuración foi sancionado coa separación definitiva do servizo e baixa na escala en abril de 1940.[6] Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas.[7]

Notas editar

  1. La Región, 12-2-1930, p. 8.
  2. El Pueblo Gallego, 14-11-1934, p. 12.
  3. El Pueblo Gallego, 14-2-1935, p. 4.
  4. "Maestro destituído", La Región, 13-8-1936, p. 2.
  5. "El Gobernador civil ha destituído a otro maestro por sus actividades comunistas", El Pueblo Gallego, 14-8-1936, p. 6.
  6. La Región, 8-5-1940, p. 4.
  7. BOE, 9-12-1941, p. 4552.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar