Alto Asalto

grupo de rap galego

Alto Asalto é un grupo musical de rap, formado en 2003 en Santiago de Compostela.

Alto Asalto
OrixeSantiago de Compostela, Galicia
Período2003 - presente
Xénero(s)Hip hop
MembrosMoudafaka, Riajos GatoPersa, Dj Mestre Pi, Mou
Na rede
Facebook: altoasaltooficial Twitter: asaltoalto Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O grupo foi creado en 2003, formado orixinalmente por Mou (voz) e Darkrow (DJ). Pouco despois uniuse Ria.jos e marchou Darkrow. Tras pasar un par de DJs pola banda, o posto ocupouno definitivamente Dj Mestre Pi.[1] En 2010 presentaron o seu primeiro EP, Cultura Humana, gravado en Ordes por Mou, de Dios ke te crew, no seu estudio Rapapoulo, e producido por Mou xunto con Hevi, de Malandrómeda.[2] Contiña letras en galego e castelán e contou coas colaboracións de Juanito Broders, Viña, Dj Murdock, Dj Mil e Arma-X.[1] No 2012 gañaron o premio do xurado na categoría de Músicas Urbanas, do concurso Novo Son da Radio Galega así como o concurso de maquetas do festival Brincadeira.[3]

Pasaron 8 anos ata que en 2018 viu a luz o segundo traballo do grupo, o disco Soños e quimeras,[2] con Moudafaka e Riajos GatoPersa como Mcs, Dj Mestre Pi na música e Mou outra vez na produción. A portada foi obra de Miguel Duarte[4] e contaron coas colaboracións de Xenderal e MonStar nas voces e Screwaholic e Deloise nos instrumentos.[5]

En 2019 colaboraron no disco de Dios ke te crew, O ciclo da serpe.[6]

Discografía editar

2010 - Cultura Humana editar

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Intro"  Alto Asalto 00:57
2. "Lo hacemos diferente"  Alto Asalto 04:13
3. "Adiviña"  Alto Asalto 03:28
4. "Inconformista"  Alto Asalto 02:48
5. "Tan flipados"  Alto Asalto 03:54
6. "El cortacespez"  Alto Asalto 03:24
7. "As culpas de quen son?"  Alto Asalto 02:52
8. "Moudafaka"  Alto Asalto 04:46
9. "Ak47"  Alto Asalto 04:49

2018 - Soños e quimeras editar

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Intro"  Alto Asalto 00:38
2. "Soños E Quimeras"  Alto Asalto 04:42
3. "Aire"  Alto Asalto e Xenderal 03:41
4. "Vivir Asilvestrados"  Alto Asalto 04:10
5. "Ambrosio Pernas"  Alto Asalto 03:23
6. "Nada É Gratis"  Alto Asalto e MONSTAR 04:13
7. "Choro"  Alto Asalto 03:38
8. "Imaxina"  Alto Asalto 03:58
9. "Caixa De Cristal"  Alto Asalto 03:59
10. "Papá"  Alto Asalto 02:44
11. "Shock Anafiláctico"  Alto Asalto 04:46
12. "Cambiar O Adobo"  Alto Asalto 04:51
13. "Homes Elefante"  Alto Asalto 04:09
14. "Pantasmas"  Alto Asalto 04:06
15. "Tarde"  Alto Asalto 03:53

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Alto Asalto no Correlingua 2011". 2011. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Alto Asalto – Soños e Quimeras". 23 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  3. "Alto Asalto". www.gzmusica.com. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  4. "ALTO ASALTO". Consultado o 26 de outubro de 2019. 
  5. "Alto Asalto, hiphop desde Santiago de Compostela con nuevo disco, Soños e Quimeras" (en castelán). 22 de maio de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2019. 
  6. Tarrío, Matías (7 de maio de 2019). "Dios Ke Te Crew. O colectivo hip hop de Ordes presenta disco cun show irrepetible". praza.gal. Consultado o 26 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar