Alma Gallega (A Habana, 1939)

Alma Gallega foi unha publicación editada na Habana entre 1939 e 1940.

Alma Gallega

Editar o valor em Wikidata
Fundación1939
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadeA Habana
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulada Periódico mensual. Defensora del prestigio y de los derechos de los españoles residentes en Cuba, apareceu o 1 de decembro de 1939. O director técnico era Luis Reynante Losada, o director político Radio Cremata e o xefe de redacción Benito Penabad. Entre os seus colaboradores figuraron Eduardo Pérez Marzoa, Juan Pacheco Pérez e Elena Castro de Álvarez. Órgano informativo da Unión Progresista Gallega, pro Centro Gallego. Ofrecía información sobre as sociedades galegas en Cuba. Con marcada inclinación cara a causa republicana, atacou os dirixentes do Centro Galego polas súas posicións reaccionarias. Dedicoulle espazo aos temas literarios e publicou poemas, algúns en galego. Tivo curta duración.[1]

  1. Repertorio da prensa galega da emigración Consello da Cultura Galega.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar