Alice in Borderland

serie manga

Alice in Borderland (en xaponés: 今際の国のアリス Hepburn: Imawa no Kuni no Arisu?) é un manga de suspense escrito e ilustrado por Haro Aso. Foi serializado pola revista Shōnen Sunday S de Shogakukan dende novembro de 2010 até marzo de 2015, e posteriormente foi publicado en Weekly Shōnen Sunday dende abril de 2015 ata marzo de 2016.

Alice in Borderland
今際の国のアリス
(Imawa no Kuni no Arisu)
XéneroFantasía,[1] supervivencia[2] e suspense[3]
Manga Alice in Borderland
Creado por Haro Aso
Editor Shogakukan
Publicado en Shōnen Sunday Comics
Primeira edición 25 de novembro de 2010
Última edición 2 de marzo de 2006
Núm. de volumes 18
Manga Daiya no King
Creado por Haro Aso
Editor Shogakukan
Publicado en Weekly Shōnen Sunday
Primeira edición 15 de outubro de 2014
Última edición 4 de febreiro de 2015
Núm. de volumes
Manga Alice on Border Road
Creado por Haro Aso
Editor Shogakukan
Publicado en Monthly Sunday Gene-X
Primeira edición 19 de agosto de 2015
Última edición 19 de febreiro de 2018
Núm. de volumes 8
Manga Imawa no Kuni no Alice Retry
Creado por Haro Aso
Editor Shogakukan
Publicado en Weekly Shōnen Sunday
Primeira edición 14 de outubro de 2020
Última edición presente
Núm. de volumes 1
OVAS
  • Alice in Borderland (3 episodios)

Alice in Borderland foi adaptado nun original video animation (OVA) en 2014 de tres episodios. Netflix adaptou a historia nunha serie de acción en vivo dirixida por Shinsuke Satō, a cal foi estreada en decembro de 2020.

Sinopse editar

Arisu, Karube e Segawa son un trío de delincuentes xuvenís que están aburridos das súas vidas actuais. Durante unha celebración con foguetes, Arisu desexa vivir nun mundo distinto que puidese ser máis emocionante para el. O seu desexo cúmprese, e os tres son transportados a un mundo paralelo exactamente igual que o seu no que desapareceu todo a xente. Despois de percorrer o festival baleiro de persoas, coñecen unha muller que lles di que acaban de "entrar no xogo". Despois ela explícalles en Borderland, deben xogar distintos xogos para sobrevivir.

Nos medios editar

OVA editar

No ano 2014, o manga foi adaptado nunha OVA de tres episodios producida por Silver Link e Connect, e dirixida por Hideki Tachibana.[3]

Serie de acción en vivo editar

Netflix produciu unha seri de acción en vivo dirixida por Shinsuke Satō, a cal se estreou o 10 de decembro de 2020 en máis de 190 países de maneira simultánea.[4][5] A serie de Netflix componse de 16 episodios e está protagonizada por Kento Yamazaki e Tao Tsuchiya.

Notas editar

  1. Rafael Antonio Pineda (20 de febreiro de 2016). "Alice in Borderland Fantasy Manga Ends in March". Anime News Network. Consultado o 17 de xullo de 2019. 
  2. Loo, Egan (9 de xullo de 2013). "I.G. Makes Anime Ad of Suspense Manga Alice in Borderland". Anime News Network. Consultado o 15 de maio de 2020. Shogakukan began streaming an anime commercial for Haro Aso's survival suspense manga Alice in Borderland 
  3. 3,0 3,1 Nelkin, Sarah (25 de agosto de 2014). "Alice in Borderland Original Video Anime's 1st Promo Previews Suspense". Anime News Network. Consultado o 25 de agosto de 2014. 
  4. Rafael Antonio Pineda (17 de xullo de 2019). "Netflix Produces Live-Action Alice in Borderland Series". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2019. 
  5. Hodgkins, Crystalyn (19 de setembro de 2020). "Netflix's Live-Action Alice in Borderland Show's Teaser Video Reveals December 10 Premiere". Anime News Network. Consultado o 19 de setembro de 2020.