Alfonso García Sanmartín

profesor e editor galego

Alfonso García Sanmartín, nado en Gundiá (Albá, Palas de Rei) o 2 de setembro de 1946 e finado o 27 de outubro de 2022[1], foi un docente e editor galego.

Infotaula de personaAlfonso García Sanmartín
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1946 Editar o valor em Wikidata
Gundiá, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 2022 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , editor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca, foi docente no Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña desde 1970, centro do que foi director. Ademais, exercía como vicepresidente da Confederación Española de Centros de Ensino (CECE).

Foi responsábel de Rodeira-Edebé, e durante dous mandatos bianuais presidiu a Asociación Galega de Editores: entrou en 2006 en substitución de Fabiola Sotelo[2][3] e saíu en 2010, cando foi relevado no posto polo vigués Manuel Bragado[4].

Notas editar

  1. Nova do pasamento anunciada pola Asociación Galega de Editoras.
  2. "Alfonso G. Sanmartín, á fronte da Asociación Galega de Editores". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-02-09. 
  3. "García Sanmartín, reelixido como presidente dos editores galegos". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-02-09. 
  4. Bragado, novo presidente dos editores galegos Arquivado 18 de xullo de 2010 en Wayback Machine., nova aparecida en Xornal de Galicia o 16 de xullo de 2010.