Abrir o menú principal

Albá, Palas de Rei

Santiago de Albá é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 72 habitantes, deles 32 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 94 habitantes.

Albá
Albá2.jpg
Igrexa de Santiago de Albá.
ConcelloPalas de Rei
Poboación73 hab. (2017)
Entidades de poboación9

PatrimonioEditar

  • A igrexa de Santiago de Albá é románica de finais do século XII, con reformas posteriores. Frontis con porta principal de arco de medio punto con dúas arquivoltas abucinadas, tímpano alintelado con cruz incisa inscrita nun círculo e capiteis sinxelamente decorados. No lateral sur ten outra porta románica moi decorada.
  • Cruceiro de Albá.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar