Ambreixo, Palas de Rei

parroquia civil do concello de Palas de Rei

San Vicenzo de Ambreixo é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 19 habitantes, deles 13 eran homes e 6 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 25 habitantes.

Ambreixo
Igrexa parroquial no lugar da Viña.
ConcelloPalas de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°53′40″N 7°54′58″O / 42.894444444444, -7.9161111111111
Poboación24 hab. (2020)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

Igrexa de San Vicenzo de Ambreixo, de estilo románico que conserva case íntegra a fábrica orixinal. Ten unha nave de planta rectangular cunha única portada con arco de medio punto de dúas arquivoltas, a interior de aresta viva, cun lintel monolítico, liso e imposta de billetes sobre xambas de baquetiñas. Sobre a portada hai unha fiestra rectangular, e culmina a fronte unha espadana dun van. O presbiterio é de planta cadrada, separado da nave por un arco triunfal de medio punto rebaixado. A nave ten dúas seteiras nos muros laterais e baixo o tellado rústicos modillóns xeométricos.

Foi trasladada para a localización actual, no lugar da Viña, no século XVIII. Anteriormente estaba en Ambreixo.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ambreixo

editar
Lugares da parroquia de Ambreixo no concello de Palas de Rei (Lugo)

Ambreixo | A Areosa | Castro | Veiga | A Viña

Parroquias de Palas de Rei

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Palas de Rei

Albá (Santiago) | Ambreixo (San Vicenzo) | Augas Santas (San Xurxo) | Berbetouros (San Miguel) | Cabana (Santiago) | O Carballal (San Sebastián) | Carteire (Santa María) | Coence (San Mamede) | Covelo (San Xoán) | Cuíña (Santa María) | Curbián (San Martiño) | Felpós (San Tomé) | Ferreira de Negral (San Martiño) | Filgueira (San Tomé) | Fontecuberta (Santa Mariña) | Laia (San Xoán) | Lestedo (Santiago) | Maceda (San Miguel) | Marzá (Santa María) | O Mato (San Xoán) | Meixide (San Pedro) | Merlán (San Salvador) | Moredo (San Fiz) | Mosteiro de Devesa (Santiago) | Orosa (Santo André) | Palas de Rei (San Tirso) | Pambre (San Pedro) | Pidre (Santa María) | A Puxeda (Santa María) | Quindimil (San Miguel) | Ramil (San Martiño) | Remonde (San Miguel) | Ribeira (San Salvador) | Salaia (San Pedro) | San Breixo (Santa María) | San Cibrao da Repostería (San Cibrao) | San Mamede do Carballal (San Mamede) | San Miguel de Coence (San Miguel) | San Xiao do Camiño (San Xiao) | San Xusto da Repostería (San Xusto) | Ulloa (San Vicente) | Vilar de Donas (San Salvador) | Vilareda (San Pedro)

Notas

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar