Alexisonfire é unha banda de post-hardcore formada en St. Catharines, Ontario, Canadá durante o ano 2001. O nome da banda separado é "Alexis On Fire" (Alexis ardendo) e non "Alex Is On Fire" (Alex está ardendo). O grupo está composto por George Pettit (voces), Dallas Green (guitarra, piano, voces), Wade MacNeil (guitarra, voces), Chris Steele (baixo) e Jordan Hastings (batería).

Alexisonfire
OrixeSt. Catharines, Canadá
Período2001 - 2012
2015 - presente
Xénero(s)post-hardcore, hardcore melódico
Selo(s) discográfico(s)Distort Entertainment, Dine Alone Records, Vagrant Records, Sore Point Records
MembrosGeorge Pettit
Dallas Green
Wade MacNeil
Chris Steele
Jordan Hastings
Antigos membrosJesse Ingelevics
Artistas relacionadosCity and Colour, Black Lungs, Cunter, Jersey, Gallows, Billy Talent, Rise Against, The Bled, Moneen, Cancer Bats
Na rede
theonlybandever.com
IMDB: nm13332527 Facebook: AOFofficial Twitter: aof_official Instagram: aof_official MySpace: alexisonfire Youtube: UCliowYcVdDkiyD0FznZ0nKA Bandcamp: alexisonfire Spotify: 53RsXctnNmj9oKXvcbvzI2 iTunes: 29405104 Last fm: Alexisonfire Musicbrainz: bc1c8f3f-6f36-4086-a470-87ed813dd429 Songkick: 462640 Discogs: 355457 Allmusic: mn0000003226 Deezer: 4076 Genius: Alexisonfire Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Alexisonfire son cinco amigos que decidiron formar unha banda a finais do ano 2001 despois da ruptura doutras tres bandas. Eles tocaron o seu primeiro concerto en Niagara Falls, Ontario, nese mesmo ano. O seu nome é unha especie de homenaxe a Alexis Fire, streaper e actriz estadounidense. Este feito causoulles problemas cando ela descubriu que estaban usando a súa páxina web como nome do grupo, e ameazou con demandalos. Porén, descubriron que o nome non estaba rexistrado, e a cousa non foi máis lonxe. A banda editou o seu primeiro EP, Math Sheet Demos, no 2002, que foi chamado así porque a portada do CD eran os deberes de matemáticas do antigo batería Jesse Ingelevics. A banda chamou a atención do enxeñeiro de son Greg Below e do xornalista de Montreal Mitch Joel. A parella estaba formando o selo Distort Entertainment por esa época, e casualmente andaban na procura de artistas.

O 9 de setembro do 2002 Alexisonfire foi editado. Aínda que tiñan un contrato de distribución coa EMI, o éxito do álbum foi, sobre todo, atribuído ao boca-a-boca. A banda preparouse para promocionar o traballo, atravesando Canadá dúas veces, e introducíndose nas escenas estadounidense e europea, tocando xunto con Billy Talent, GWAR, Juliana Theory, Godsmack e Glassjaw. O grupo comezou a tomalo máis como unha ocupación a tempo completo que como un entretemento. Finalmente, Alexisonfire chegaría a vender máis de 50.000 copias, sendo certificado como disco de ouro no Canadá.

Alexisonfire conseguiu a atención de varios grandes selos debido ao éxito do seu primeiro álbum. No entanto, cando comezaron a pensar en faceren un segundo traballo, a banda sentiu que, por razóns artísticas, debían permanecer independentes, xa que así terían máis posibilidades de se desenvolveren e decidiren que dirección tomar. Eles seguiron con Distort Entertainment, e a pesar de teren un produtor famoso, gravaron o álbum con Julius Butty no seu estudio preto de Hamilton, Ontario.

Watch Out! foi editado o 29 de xuño do 2004, e foi un éxito decontado. O álbum estreouse no número 6 da Nielsen SoundScan Top 200, e foi ouro no Canadá en doce semanas. As boas críticas debéronse a que a banda se centrou máis nos 18 meses de xira, permitíndolles puír ben os temas en comparación co primeiro álbum, no que estaban máis no aire.

O 22 de agosto do 2006 a banda editou o seu terceiro álbum, Crisis. O lanzamento coincidiu cunha festa onde a banda actuou nun barco en Londres. Para a promoción do mesmo, a banda saíu de xira polo Canadá con Every Time I Die, Cancer Bats e Attack in Black. Unha vez rematada seguiulle outra xira polos Estados Unidos con Moneen, Cancer Bats e A Change of Pace.

Nese ano tamén recrutaron un segundo guitarrista, chamado Corbin Beard, que segue traballando con eles na actualidade.

Membros editar

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Alexisonfire 2002 Equal Vision Records
Watch Out! 2004 Equal Vision Records
Crisis 2006 Vagrant Records
Old Crows/Young Cardinals 2009 Vagrant Records

EPs editar

Álbum Ano Selo
iTunes Originals 2010 Dine Alone Records
Dog's Blood 2010 Dine Alone Records
Death Letter 2012 Dine Alone Records

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar