Alexandre de Hesse-Darmstadt

(Redirección desde «Alexandre de Hesse»)

Alexandre de Hesse-Darmstadt, nado en Darmstadt o 15 de xullo de 1823 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 1888, foi un nobre alemán, terceiro dos catro fillos de Lois II de Hesse e do Rin, e de Guillermina de Baden.

Infotaula de personaAlexandre de Hesse-Darmstadt

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Alexander von Hessen-Darmstadt Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Alexander Ludwig Georg Friedrich Emil von Hessen und bei Rhein Editar o valor em Wikidata
15 de xullo de 1823 Editar o valor em Wikidata
Darmstadt Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1888 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Darmstadt (Gran Ducado de Hesse) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDarmstadt Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeGran Ducado de Hesse Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso e Imperio Austríaco Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército Imperial Ruso Editar o valor em Wikidata
Rango militarGeneral de cavalaria (pt) Traducir
field marshal-lieutenant (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra franco-prusiana, Guerra austro-prusiana, Segunda Guerra de Independência Italiana (pt) Traducir e Russian conquest of Chechnya and Dagestan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrince of Hesse (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Hesse-Darmstadt Editar o valor em Wikidata
CónxuxeJulia von Hauke (pt) Traducir (1851–1888), morte Editar o valor em Wikidata
FillosPríncipe Heinrich de Battenberg (pt) Traducir, Alexandre I de Bulgaria, Maria de Battenberg (pt) Traducir, Louis Mountbatten, 1.º Marquês de Milford Haven (pt) Traducir, Francisco José de Battenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAugust Ludwig von Senarclens-Grancy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Guilhermina de Baden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaría de Hesse, Luís III de Hesse-Darmstadt (pt) Traducir e Carlos de Hesse e do Reno (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Hessen_und_bei_Rhein-2 Find a Grave: 158956088 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O príncipe Alexandre mantivo a tradición marcial da súa familia e serviu no Exército Ruso, onde foi un distinguido soldado cunha brillante carreira por diante. Mandaba un rexemento de lanceiros e foi premiado coa Cruz de San Xurxo. O feito de que súa irmá María fose a zarevna (princesa herdeira) de Rusia (esposa do futuro tsar Alexandre II de Rusia) non era unha desvantaxe para os seus propósitos.

Esta prometedora carreira foi destruída por un escándalo, pois Alexandre namorouse da condesa Xulia de Hauke, unha camareira de súa irmá María Alexandrovna. A condesa era unha orfa de orixe xermana-polaca, protexida do tsar, e filla do antigo ministro de guerra do tsar. Co tempo, o tsar Nicolao I considerou a Alexandre coma un posíbel marido para a súa sobriña, mais informado do romance prohibiu a maridaxe; era inconcibíbel que unha persoa próxima á familia imperial casase cunha simple condesa. O Almanaque de Gotha, léxico e guía das clases tituladas europeas, era moi claro en asuntos de índole matrimonial.

Alexandre marchou a Inglaterra para cavilar no tocante ao seu futuro, pero acabou regresando a Rusia para fuxir xunta con Xulia até Breslau (hoxe Wroclaw, en Polonia), onde casaron en outubro de 1851.

Volveron a Hesse, onde o irmán máis vello do noivo, o Gran Duque Lois III de Hesse-Darmstadt estaba desgustado polo inferior status dinástico da muller de seu irmán. Nomeouse a Xulia condesa de Battenberg (nome dunha pequena cidade no norte de Hesse onde eles viviron apartados nun primeiro momento), pero os seus fillos ficaron definitivamente excluídos da liña de sucesión. Por fin a condesa foi elevada ao rango de princesa, e a parella puido así volver a Darmstadt.

Ao perderen as súas prerrogativas dinásticas, o príncipe Alexandre e a súa morganática esposa viviron unha vida tranquila. A súa familia vivía principalmente no castelo de Heiligenberg, xunta a Jugenheim, no sur de Hesse.

Descendencia editar

Alexandre de Hesse e Xulia de Battenberg tiveron cinco fillos, que herdaron o título e o apelido de súa nai. Os fillos foron:

Malia todos os escándalos, a familia de Battenberg conseguiu ser aceptada pola nobreza europea. Entre os seus descendentes destacan: