Alexandre I, arcebispo de Alexandría

Alexandre de Alexandría, nado no ano 250 e finado no 326, boi arcebispo de Alexandría desde o ano 313 até a súa morte. Foi designado co nome de Alexandre (Ἀλέξανδρος), para suceder a Aquilas de Alexandría.

Alexandre I, arcebispo de Alexandría
Veljusa Monastery St. Alexander of Alexandria.jpg
Nacemento250
Lugar de nacementoAlexandría
Falecemento17 de abril de 326
Lugar de falecementoAlexandría
NacionalidadeRoma Antiga
Relixióncristianismo
Ocupaciónpresbítero
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi o décimo noveno patriarca de Alexandría, título que precede ao de papa da Igrexa copta ou patriarca da Igrexa ortodoxa, previo ao cisma do ano 457.

Alexandre é famoso pola súa oposición á chamada "herexía ariana", que afirmaba que Xesús non era Deus verdadeiro, senón só o Fillo de Deus, que se encarnara en Xesús de Nazaret; era o unixénito de Deus e polo tanto tiña unha orixe temporal, a primeira das criaturas creadas, e por iso non era coeterno co seu Pai.

Alexandre tamén é coñecido pola súa doutrina apostólica e unha das súas accións máis destacadas foi ordenar a un mozo diácono de nome Atanasio, que máis tarde sería famoso e admirado en toda a cristiandade.

Alexandre aínda que foi xentil cos arianos, tamén foi determinado. Moitos acúsano de comprometer a posición da Igrexa, aínda que outros autores afirman que foi impetuoso a causa da súa posición irredutíbel. Non obstante, debe ser considerado como un campión na ensinanza da Igrexa católica o que está acreditado ao incluílo no seu santoral polo seu celo pastoral, celebrándose a súa festividade o 26 de febreiro na igrexa católica, na Igrexa ortodoxa o 29 de maio e na Igrexa copta o 17 de abril.

Durante moito tempo dirixiuse a Ario intentando convencelo do seu erro antes da súa excomuñón, no 321. A excomuñón foi confirmada no sínodo de Alexandría. A súa circular episcopal sobre a herexía ariana sobreviviu, ao tempo que é unha parte importante da literatura eclesiástica daquel período.

Como bispo, Alexandre prefería aos monxes, destacando aqueles que vivían como eremita s no deserto, a quen consideraba como modelo para as súas ovellas. Tamén insistiu na caridade cos pobres na diocese baixo o seu control, virtudes polas que foi famoso.

Considérase a Alexandre como un dos principais responsábeis do Primeiro Concilio de Nicea no ano 325, onde o arianismo foi formalmente condenado. O labor de Alexandre neste concilio sería de capital importancia posteriormente, xa que uns anos máis tarde o emperador Teodosio I tomou a transcendental decisión de facer do cristianismo niceno ou catolicismo a relixión oficial do Imperio mediante o Edicto de Tesalónica de 380.

Faleceu en Alexandría no ano 326, segundo algunhas tradicións o 26 de febreiro, dous anos despois de regresar do concilio, e nomeando a santo Atanasio de Alexandría como o seu sucesor.

Véxase taménEditar

OUtros artigosEditar

Ligazóns externas=Editar