Abrir o menú principal

Alexander Mackendrick, nado en Boston (Massachusetts) o 8 de setembro de 1812 e finado nos Ánxeles (California) o 22 de decembro de 1993 foi un director de cinema escocés.

Alexander Mackendrick
Nacemento8 de setembro de 1912
LugarBoston, Massachusetts
Falecemento22 de decembro de 1993
LugarOs Ánxeles, California
Causapneumonía
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeReino Unido Reino Unido
Educado enEscola de Arte de Glasgow
Cónxuxe(s)Eileen Ashcroft (1934–1943)
Hilary Lloyd (1948–1993)
ProfesiónDirector, guionista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Foi o único fillo de Francis e Martha Mackendrick, que emigraran aos Estados Unidos desde Glasgow o ano anterior ao seu nacemento. O seu pai era construtor de barcos e enxeñeiro civil. Cando Mackendrick cumpriu seis anos o seu pai morreu vítima da gripe. A súa nai, necesitada de cartos, decidiu facerse deseñadora de roupa. Para iso tivo que deixar o seu fillo co avó, que o levou de volta a Escocia con sete anos. Mackendrick nunca volveu saber nada da súa nai.

Mackendrick tivo unha infancia triste e solitaria. Asistiu a Hillhead High School de 1919 a 1926 e logo pasou tres anos na Glasgow School of Art. A principios da década de 1930 mudouse a Londres para traballar como director de arte para a firma de publicidade de J. Walter Thompson. Entre 1936 e 1938 escribiu cinco anuncios para o cinema. En 1937 Mackendrick escribiu o seu primeiro guión, Midnight Menace, co seu curmán e amigo Roger MacDougall.

No comezo da Segunda Guerra Mundial traballou no Ministerio de Información realizando filmes de propaganda. En 1942 foi a Alxer e Italia coa Psychological Warfare Division. Alí rodou noticiarios e documentais. Trala guerra Mackendrick e MacDougall crearon Merlin Productions, coa que producían documentais, pero resultou un malo investimento e en 1946 entrou na Ealing Studios onde traballou nove anos e dirixiu tres célebres filmes, Whisky Galore! (1949), The Man in the White Suit (1951) e The Ladykillers (1955).

En 1955 abandonou o Reino Unido para ir a Hollywood. O resto da súa vida profesional pasouna entre Londres e Os Ánxeles. En 1957 dirixiu o filme Sweet Smell of Success, que foi un éxito de crítica e protagonizaron Tony Curtis e Burt Lancaster. Tras ser despedido da rodaxe de The Devil’s Disciple en 1959 quedou desolado e pasou a dirixir varios anuncios para a televisión. Tamén realizou unha serie de filmes durante a década de 1960.

En 1969 volveu aos Estados Unidos cando foi nomeado decano da escola de cinema do California Institute of the Arts. Deixou o cargo en 1978 para converterse en profesor da escola. Continuou na escala ata que morreu vítima dunha pneumonía en 1993.

FilmografíaEditar

DirectorEditar

GuionistaEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar