Alexander Garrievich Gordon

actor, xornalista e director de cine ruso

Alexander Garrievich Gordon, nado en Obnisk o 20 de febreiro de 1964, é un actor, xornalista e director de cine ruso.

Infotaula de personaAlexander Garrievich Gordon

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Александр Гарриевич Гордон Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Obninsk, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBoris Shchukin Theatre Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , locutor de radio , pedagogo , mestre , presentador de televisión , actor , presentador , director de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSophiya Kalanadze (en) Traducir (2022–)
valor descoñecido (2014–2020)
valor descoñecido (2011–2013)
Ekaterina Gordon (pt) Traducir (2000–2006)
valor descoñecido (1985–1993) Editar o valor em Wikidata
ParellaNana Kiknadze (pt) Traducir (1993–2000) Editar o valor em Wikidata
PaiGary Borisovitch Gordon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webaleksandrgordon.tv Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2073296 VK: aleksandrgordon Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do escritor e pintor Garri Borisovich Gordon e da traballadora sanitaria Antonina Dmitrievna Strigi. Educado por súa nai e avoa[1] viviu ata os tres anos en Belousovo (óblast de Kaluga) e logo a familia instalouse en Moscova. En 1987 rematou os seus estudos de actuación no Instituto de Teatro Boris Shchukin[2] e logo traballou durante un ano na compañía Teatre Studii Ruben Simonov, creada en 1988 polo fillo de Simonov[3]. En 1989 marchou coa súa muller e filla para os Estados Unidos, traballou para Russian Television Network (RTN) [4] e dende 1992 traballou tamén na emisora de radio en lingua rusa WMNB. En 1993 creou a súa propia compañía, Wostok Entertainment e produciu e presentou entre 1994 e 1997 o programa New York, New York para a canle rusa TV-6 [5]. En 1997 volveu a Rusia, xa con dobre cidadanía, rusa e mais estadounidense[6], traballou no programa da TV-6 Chastnii sluchai, presentándoo entre marzo e decembro de 1997 e tamén dende 1997 presentou un programa de radio matinal na emisora de radio Silver Rain e logo entre 2001 e 2002 na canle de televisión M1[7]. Entre 1998 e 2000 presentou Sobranie zabluzhdenii, unha serie de filmes documentais de documentación histórica[8] e tamén presentou canda Vladimir Soloviev o programa de entrevistas Process (1999-2001) na ORT[9]. Entre 2001 e 2003, cun programa especial en abril de 2004, presentou o programa de entretemento científico Gordon na NTV [10] e na mesma canle pasou a presentar entre setembro de 2004 a xullo de 2005 o programa Stress. No outono de 2005 deixou a NTV e pasou á Canle Unha[11] e ata maio de 2006 presentou Gordon 2030[12]. En 2006 volveu ao seu antigo programa de radio matinal que presentou ata o outono de 2007. Dende 2007 e ata 2013 presentou o programa Zakritii pokaz[13], no que personalidades do mundo do cine e da televisión falaban do novo cine ruso[14][15]. De 2008 a 209 presentou o programa Gordon Juan en Silver Rain e na televisión de 2008 a 2010 Gordon Quixote[16]. En 2009 presentou Gordon v zasade na canle Ohota i ribalka. En 2012 presentou Grazhdanin Gordon. Con Peter Tolstoi presentou entre 2013 e 2014 o programa nocturno dedicado á política, Politica. Con Ekaterina Strizhenova presentou en 2013 Za i protiv e dende 2014 presenta con Iulia Baranovskaia Muzhskoye/Zhenskoye.

Como director o seu primeiro filme realizouno en 2002, Pastukh svoikh korov baseado nunha novela de seu pai, así como a súa segunda película, filmada en 2007 aínda que non o presentou ata 2011[17], Ogni pritona. De 2018 é Diadia Sasha.

Notas editar

  1. "В гостях у Александра Гордона. Пока все дома Пока все дома", 1tv.ru, 20 de novembro de 2011.
  2. " Галерея выпускников - 80-е годы" Arquivado 16 de maio de 2018 en Wayback Machine. htvs.ru
  3. Laurence Senelick (2007) Historical Dictionary of Russian Theater. Lanham:Scarecrow Press, p. 355
  4. "Шаг на экран: звёзды ТВ - о начале своей карьеры". The Hollywood Reporter. 21 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2019. Consultado o 01 de setembro de 2019. 
  5. "Александр Гордон разрушает стереотипы". delfi.lv. 11 de setembro de 2002. 
  6. "Alexander Gordon in Voronezh: “If a war starts, I will be the first to give up my American citizenship"".Voronezh, 22 de maio de 2015
  7. "Телеведущий Александр Гордон: «Когда телевизор выключен – это хорошо»". Новые известия. 10 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 02 de setembro de 2019. 
  8. "Буревестник по имени Гордон. Провокация как основополагающая идея политического мейнстрима". Новая газета. 29 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 02 de setembro de 2019. 
  9. "Александр Гордон". Эхо Москвы. 17 de decembro de 2000. 
  10. "Александр ГОРДОН: "За "Стресс" я буду получать меньше денег, чем за ночную программу" - Известия". 2 de setembro de 2004. 
  11. "Звёздная смена". Профиль. 19 de setembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 03 de setembro de 2019. 
  12. "Александр ГОРДОН: «Я СТОПУДОВО С КРЕМЛЁМ». Антилиберал выходит в эфир на Первом канале". Новая газета. 24 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2005. Consultado o 03 de setembro de 2019. 
  13. "Надоевшие медийные лица раскрываются по-другому". Время новостей. 7 de xullo de 2007-06-07. 
  14. "«Закрытый показ» закроют?". Литературная газета. 4 de setembro de 2013. 
  15. "Развлекать ТВ научилось отменно". Время новостей. 5 de xullo de 2007. 
  16. "Александр Гордон: «Я сею смуту и раздор»". Комсомольская правда. 27 de decembro de 2008. 
  17. Monastireva-Ansdell, Elena (2012). "Aleksandr Gordon: Brothel Lights (2011)". Kinocultura New Russian Cinema Nº 37