Alessio Miceli
Alessio Miceli, nado en Roma o 30 de agosto de 1999, é un futbolista italiano que xoga como centrocampista na SD Logroñés, da Primeira División RFEF.
Miceli | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Alessio Miceli | ||
Nacemento | 30 de agosto de 1999 e 31 de agosto de 1999 | ||
Lugar de nacemento | Roma | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | SD Logroñés | ||
Número | 23 | ||
Carreira xuvenil | |||
2007–2017 | Lazio | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2018 | Lazio | 0 | (0) |
2018–2020 | Feralpisalò | 0 | (0) |
2019–2020 | → Olbia | 4 | (0) |
2020–2021 | Piacenza | 12 | (1) |
2021–2023 | Dordrecht | 49 | (3) |
2023– | SD Logroñés | 2 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 11 de febreiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Formouse como futbolista na canteira da Lazio, onde ocupou diferentes posicións, desde mediocentro ofensivo ata defensa central.[1] O 23 de novembro de 2017 debutou co primeiro equipo, nun empate a un gol ante o Vitesse na fase de grupos da Europa League, partido no que substituíu nos minutos finais ao serbio Dušan Basta.[2][3]
En 2018 desvencellouse da Lazio e fichou polo Feralpisalò, da Serie C. Na tempada 2019/20 xogou cedido no Olbia, da mesma categoría, pasando a continuación ao Piacenza.[4]
En xullo de 2021 fichou polo Dordrecht, co que xogou durante dúas campañas na Eerste Divisie.[5] No verán de 2023 deixou os Países Baixos e instalouse en España, onde fichou pola SD Logroñés, da Primeira División RFEF.
Notas editar
- ↑ "L'evoluzione di Alessio Miceli" (en italiano). 30 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2024.
- ↑ "Lazio 1-1 Vitesse". UEFA (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024.
- ↑ Pietrella, Francesco (23 de novembro de 2017). "A gennaio la patente, oggi l'Europa League: Miceli, dietro le quinte di un esordio" (en italiano). Consultado o 11 de febreiro de 2024.
- ↑ "ALESSIO MICELI E' BIANCOROSSO" (en italiano). 3 de setembro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2024.
- ↑ "FC DORDRECHT CONTRACTEERT NA INTENSIEVE SELECTIEPROCEDURE ACHT SPELERS" (en neerlandés). Consultado o 11 de febreiro de 2024.