Alessandro Cagliostro
Alessandro di Cagliostro, alcume de Giuseppe Balsama, nado o 2 de xuño de 1743 e finado o 26 de agosto de 1795, foi un personaxe que acadou sona no século XVIII. Foi un viaxeiro, ocultista e masón siciliano.
Alessandro Cagliostro | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1743 e 8 de xuño de 1743 |
Lugar de nacemento | Palermo |
Falecemento | 26 de agosto de 1795 |
Lugar de falecemento | San Leo |
Ocupación | médico |
Cónxuxe | Seraphina Cagliostro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Nado nunha familia humilde de Palermo. A infancia de Cagliostro non se coñece ben, estudou nun mosteiro e viviu nun mosteiro, escapou de alí e viaxou por Europa e o norte de África, e interesouse pola alquimia. En Roma estableceuse como médico e casou, o conde de Saint-Germain iniciouno na francmasonería en Londres e Cagliostro fundou o rito exipcio da masonería na Haia, viaxou por Rusia, Alemaña e Francia esparexendo o novo rito. Establecido en París en 1722 foi favorito do rei Lois XVI, envolto no caso do colar da raíña, que desacreditou aínda máis á raíña María Antonieta, estivo encerrado na Bastilla durante seis meses e logo foi expulsado do país. De volta en Roma foi encarcerado pola inquisición e morreu nunha das súas prisións.
Na ficción editar
A súa vida é contada de forma tanxencial no libro Claro de lúa de Puri Ameixide.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Vidas Contadas en RNE (en castelán).