Aleksinac
Aleksinac (en serbio: Алексинац) é unha vila e concello localizado no distrito Nišava de Serbia. Segundo o censo de 2011, a cidade tiña unha poboación de 16 420 habitantes, mentres o concello ten 51 462.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Serbia | ||||
Distritos da Sérvia (pt) | Distrito de Nisava (pt) | ||||
Município da Sérvia (pt) | Aleksinac Municipality (en) | ||||
Capital de | |||||
Xeografía | |||||
Superficie | 707 km² | ||||
Altitude | 257 m | ||||
Creación | 1836 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 18220 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | aleksinac.org |
Nome
editarO nome da cidade deriva do nome Aleksandar. No serbio estándar, Aleksinac pronúnciase marcando a primeira sílaba, mais no dialecto local tende a pronunciarse marcando a segunda sílaba.
Historia
editarPrehistoria e Antigüidade
editarO territorio do actual concello de Aleksinac está habitado desde o período neolítico. A maior parte dos xacementos da zona pertence ao grupo cultural vinča e sitúanse no oeste do río Morava meridional.
Despois da caída dos romanos o territorio quedou incluído na incluído na provincia da Mesia Superior e tras o ano 293 na provincia mediterránea de Dacia. No século I construíuse unha estrada militar romana (a Vía Militaris) ao longo do territorio. Había tamén dúas estacións para o descanso (mansio) e o cambio de cabalos (mutatio) ao longo da estrada no territorio de Aleksinac: Praesidium Pompei e Rappiana. Descoñécese a súa localización. Tamén se sabe da existencia dalgunhas fortalezas (castell), mais non se saben os seus nomes, agás Castell Milareca no monte Gradiste (228 m).
Idade Media
editarA partir do ano 476 caeu baixo o dominio bizantino. Hai evidencias de asentamentos desa época, con todo os seus nomes aínda son descoñecidos.
Durante os reinados dos emperadores Focas (602-610) e Heraclio (610-641) os pobos eslavos habitaban a península balcánica. En 614 arrasaron Niš. Os cruzados das primeiras catro cruzadas utilizaron a Via Militaris para chegaren a Constantinopla, pasando polo territorio de Aleksinac.
Durante o reinado da dinastía Nemanjić o territorio estivo baixo o control directo do estado. Dúas cidades medievais, Bolvan e Lipovac, datan desde este período.
Goberno otomán
editarAleksinac aparece mencionada por vez primeira en 1516 na "Kruševački Tefter", unha lista de asentamentos e residentes feita polos turcos para recadar, a fins do século XVI desenvolveuse ata se converter nunha vila.
A mediados do século XVII era unha gran vila con máis de 100 comercios grazas á súa localización estratéxica na estrada a Istambul, converténdose unha importantes estación de para os comerciantes e viaxeiros, mesmo os turcos construíron unha fortaleza para protexela dos foraxidos en 1616 . Durante a Gran Guerra Turca (1683–1699) detívose o desenvolvemento de Aleksinac, que o exército austríaco conquistou dirixido polo xeneral Ludwig de Baden, e máis tarde os soldados de Jegen-Osman Pasha queimaron a vila. Os habitantes de Aleksinac, serbios, migraron á monarquía dos Habsburgo cos doutras localidades, o que se coñece como Gran Migración Serbia, algúns deles asentáronse en Buda. Aleksinac quedou destruída outra vez polo lume durante a segunda Guerra Austro-Turca (1716–1718) cando o gran visir Hallil Pasha foi derrotado debaixo das murallas de Belgrado. Na súa retirada queimou tódolos asentamentos camiño de Niš.
Despois da terceira Guerra Austro-Turca (1737–1739) Aleksinac desenvolveuse como un centro comercial e manufactureiro. Moitas caravanas pasaban pola localidade intercambiando mercadorías de todo o Imperi Otomán e da Europa central. Converteuse ao mesmo tempo no centro do condado de Aleksinac que en 1784 consistía en 17 asentamentos. Había 160 casas en Aleksinac naquel tempo: 120 cristiás e 40 turcas.
Despois da cuarta Guerra Austro-Turca (1787–1791) unha vez máis os turcos queimaron Aleksinac, desta volta dirixidos por Osman Pazvantoğlu.
Época moderna
editarAleksinac e a súa contorna uníronse no Primeiro Levantamento Serbio en xaneiro de 1806. As aldeas da beira dereita do Morava meridional liberounas o exército de Petar Dobrnjac. Os asentamentos da beira esquerda liberáronos Mladen Milovanović e Stanoje Glavaš. En decembro de 1806 en Deligrad, no concello de Aleksinac, os serbios gañaron unha decisiva batalla.
Despois do fracaso do levantamento, Aleksinac quedou baixo o goberno turco ata decembro de 1832 ao se converter en parte integral da Serbia do príncipe Miloš. Aleksinac transformouse no centro económico do do sueste de Serbia e nun importante centro gobernamental, era amais o centro do condado e do tribunal condal. Na localidade abriuse a terceira oficina de correos en Serbia (despois de Belgrado e Kragujevac) foi aberto en Aleksinac. Na época tamén se localizou aquí a oficina de alfándega e a estación de corentena.
Entre 1929 e 1941, Aleksinac formaba parte da banovina de Morava do Reino de Iugoslavia.
Durante o bombardeo de Iugoslavia da OTAN de 1999 Aleksinac quedou seriamente danada.