Aleksander Majkòwsczi

escritor polaco

Aleksander Majkòwsczi, nado en Kòscérzëna o 17 de xullo de 1876 e finado en Gdiniô o 10 de febreiro de 1938, foi un médico, xornalista, editor e escritor caxubio, constitúe o autor máis recoñecido[1] da literatura caxubia, en especial pola novela Żëcé i przigòdë Remùsa, obra primordial da literatura caxubia.

Aleksander Majkòwsczi
Zdroje Raduni - Aleksander Majkowski - portret.jpg
Nacemento17 de xullo de 1876
 Kościerzyna
Falecemento10 de febreiro de 1938
 Gdynia
SoterradoKartuzy
NacionalidadePolonia
Ocupaciónpoeta, escritor, xornalista e médico
PremiosSilver Laurel of the Polish Academy of Literature‎, Gold Cross of Merit‎ (Poland) e Officer of the Order of Polonia Restituta
editar datos en Wikidata ]
Zdroje Raduni
Placa en Greifswald en conmemoración da súa estada na cidade nos primeiros anos do século XX

TraxectoriaEditar

Aleksander Majkòwsczi naceu no seo dunha familia labrega en Kòscérzëna, entón denominada oficialmente Berent e localizada no ano do seu nacemento na provincia de Prusia[2] do Reino de Prusia. Foi á escola na súa localidade natal e logo pasou ao centro alemán da localidade para seguir a súa educación secundaria en alemán. Recibiu unha bolsa de estudos dunha asociación de axuda ao estudo de Chełmno e despois continuou a súa educación en Chònice, vivindo en réxime de internado, foi nesa época que adquiriu fondos coñecementos da literatura e historia polaca. En 1895 rematou a educación secundaria e volveu á súa cidade natal. En 1897 comezou a estudar medicina en Berlín e en  1899  publicou en Gdańsk o seu primeiro libro en caxubio, a sátira co título de Jak w Koscérznie koscelnygo obrele abo Pięc kawalerów a jedna jedyno brutka mais tamén nese ano publicou o poema longo en polaco Pielgrzymka wejherowska. En 1900 trasladouse a Greifswald para continuar a carreira e alí entrou en contacto cunha pequena organización socialista polaca, Zet, e ao ano seguinte coa asociación de estudantes Adelphia, que tiña tamén un forte contido político. Expulsado[3] da universidade polas súas actividades políticas tivo que continuar os seus estudos en Múnic. A partir de 1902 participou nas actividades da Asociación de Estudantes Polacos e fundou a sociedade Vistula e para o ano seguinte rematou a licenciatura de medicina.

En Zúric redactou a súa tese doutoral sobre a contaminación do sague no saturnismo crónico. En 1904 defendeu a súa tese doutal e deseguido volveu a Gdańsk para completar o seu ano de prácticas nun hospital da cidade. Entrou en contaco coa vida cultural da cidade e en 1905 aceptou o posto de redactor xefe do xornal Gazeta Gdańska e do seu suplemento en lingua caxubia Drużba. Pismo dlö polscich Kaszubów; tamén nese ano realizou unha escolla da súa poesía que publicou en Poznan como Spiewe i frantówci. En 1906 volveu á súa localidade natal para exercer a medicina privada. En 1908 comezou a publicar a revista mensual Gryf; nas súas páxinas formulouse o programa social, cultural e político para o rexurdimento do pobo caxubio baixo o réxime prusiano e para contrarrestar a súa xermanización, fundamental foi o artigo, de 1909, "Ruch młodokaszubski” que constitúe un chamamento á intelectualidade caxubia para organizarse na procura de activar a conciencia nacional no seo do pobo caxubio, sempre en íntima unión cos polacos, na época un pobo sometido. En 1911 estableceuse en Sopot, e alí exerceu tamén como médico. En 1912 fundou a Sociedade dos Caxubios Novos en Gdańsk, que tiña como lema "Se é caxubio é tamén polaco". Ao ano seguinte estableceu o Museo Caxubio-Pomeranio en Sopot e publicou en Varsovia unha guía de Caxubia titulada Zdroje Raduni. Przewodnik po tak zw. Szwajcarii Kaszubskiej.

Co inicio da guerra en 1914 o exército prusiano chamouno a filas e exerceu como doutor nas frontes de Francia e Romanía. Durante os anos da guerra mantivo un diario que se publicou en 2000 co título de Pamiętnik z wojny europejskiej roku 1914. Ao rematar a guerra volveu a Sopot, entrou en política e foi membro do consello popular de Gdansk, e dentro do recentemente creado exército polaco participou en accións armadas, acadando o grao de capitán. En 1920 participou[4] na comisión internacional que delimitou a fronteira entre PoloniaAlemaña. Durante dous anos residiu en  Grudziądz, organizou un teatro polaco en Toruń e presidiu a Asociación de Artistas Pomeranios. Logo de casar en 1921 estableceuse en Kartuzë exercendo como médico rural e en diversas clínicas ferroviarias. Nesa época volveu publicar Gryf e foi redactor xefe da revista Pomorzanin.

Por mor da crise e de problemas de saúde retirouse á casa rural que posuía en Kartuzë, "Erem", e dedicouse de cheo á literatura. En  1929 os integrantes da Zrzeszenie Regionalne Kaszubów (Unión Rexional Caxubia) elixírono o seu presidente e colaborou tamén co seu órgano Zrzeszë Kaszëbsczi. En 1935 publicou a primeira parte da novela Żëce i przigodë Remusa. Zvjercadło kaszubskji. Durante os anos 1936 e 1937 traballou nunha Gramatyka kaszubska e na novela Pomorzanie[5] que quedaron incompletas. En 1938 morreu dun fallo coronario e poucos meses despois saíron do prelo a súa Historii Kaszubów e mais a edición definitiva de Żëcé i przigodë Remusa.

ObraEditar

  • Pielgrzymka wejherowska, Gdańsk 1899
  • Jak w Koscérznie koscelnygo obrele abo Pięc kawalerów a jedna jedyno brutka. W osem spiewach..., Gdańsk 1899
  • Zur Frage nach der klinischen Bedeutung der punktierten Erythrocyten bei chronischem Saturnismus, Múnic 1904 (tese doutoral)
  • Spiewe i frantówczi, Poznań 1905
  • Przewodnik po wystawie ludoznawczej kaszubsko-pomorskiej w Kościerzynie 1911 roku od 25 czerwca do 23 lipca, Komitet Wystawowy w Kościerzynie, Kòscérzëna 1911
  • Zdroje Raduni. Przewodnik po tak zw. Szwajcaryi Kaszubskiej z mapą i 22 ilustracyami, Polskie Towarzystwo Krajoznawcze, Varsovia 1913
  • Przewodnik po Szwajcarji Kaszubskiej, Polskie Towarzystwo Krajoznawcze, Varsovia 1924
  • Przewodnik po Kaszubskiej Szwajcarji, Wydział Powiatowy pow. kartuskiego, Kartuzë 1936
  • Żëcé i przigodë Remusa. Zvjercadło kaszubskji, Toruń 1938,
  • Historia Kaszubów, Stanica, Gdiniô 1938
  • Wiersze i frantówci, Wydawnictwo Morskie, Gdiniô 1957
  • Pomorzanie. Powieść, Gdańsk 1973
  • Strachë i zrękovjinë. Frantówka w trzech aktach, Gdańsk 1976
  • Remus w Zwadze, Gdańsk 1987
  • Pamiętnik z wojny europejskiej roku 1914, Wejherowo–Pelplin 2000

NotasEditar

  1. Grzegorz Schramke "The Most Recent Kashubian Literature: The Situation Today, Achievements and Tasks for the Foreseeable Future" Slavic Eurasian Studies Nº 30 (2016) Hokkaido University, pp. 131-160
  2. En 1878 a súa localidade natal pasou a formar parte da nova provincia de Prusia Occidental
  3. Andrzej Bukowski "Życie i twórczość Aleksandra Majkowskiego" Wirtualna Biblioteka Literatury Polskiej
  4. Gerald Stone (2015) Slav Outposts in Central European History: The Wends, Sorbs and Kashubs Bloomsbury Publishing, p. 288
  5. Tadeusz Linkner "Aleksander Majkowski" Wirtualna Biblioteka Literatury Polskiej