Alejandro Toledo

Presidente de Perú

Alejandro Celestino Toledo Manrique, nado o 28 de marzo de 1946, foi o presidente do Perú entre o 28 de xullo de 2001 e 28 de xullo de 2006. Foi o primeiro presidente elixido despois da crise que resultou na renuncia de Alberto Fujimori.

Infotaula de personaAlejandro Toledo

(2015) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Alejandro Celestino Toledo Manrique Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Cabana, Perú (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente do Perú
28 de xullo de 2001 – 28 de xullo de 2006
← Valentín Paniagua CorazaoAlan García Pérez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaWashington, D.C. Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de São Francisco (pt) Traducir - business management (en) Traducir, economía
Stanford Graduate School of Education (en) Traducir - educación, economía
Universidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , político , conferenciante Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPossible Peru (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeEliane Karp
ImputaciónCorrupción Editar o valor em Wikidata

Facebook: AlejandroToledo Twitter: AlejandroToledo Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Toledo é un dos 16 irmáns dunha familia de indíxenas labregos da rexión de Cabana, Departamento de Ancash. Creceu en Chimbote, cidade do litoral norte do Perú. Conseguiu unha bolsa de estudos da Universidade de San Francisco, nos Estados Unidos, onde estudou economía. Posteriormente fornouse mestre pola Universidade de Stanford. Despois de traballar no exterior, fornouse profesor da Universidade do Pacífico, no Perú.

Antes de ser elixido presidente, Toledo traballou en diversas organizacións, incluíndo as Nacións Unidas, o Banco Mundial, o Banco Interamericano de Desenvolvemento, a OIT, e a Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico - OCDE. Tamén foi profesor visitante na Universidade de Waseda, en Toquio, nonXapón.

Entre os diversos traballos de Toledo, hai moitos sobre reformas estruturais e desenvolvemento económico. Porén, o seu último libro, Las Cartas sobre la Mesa, describe a súa traxectoria política ata o xurdimento da coalición política Perú Posible que o elixiu presidente.

Entrada na política editar

Toledo ingresou na política como candidato independente, na elección de 1995, na cal Alberto Fujimori foi reelixido pola última vez. Ele fundou o partido Perú Posible en 1999 e declarou a súa intención de disputar a elección de 2000. A pesar dunha controversia constitucional, Fujimori anunciou pola terceira vez a súa candidatura.

A pesar de ser un político de pequena expresión no inicio, logo Toledo tornouse líder da oposición a Fujimori, e tivo apoio doutros candidatos a presidente. A pesar deste apoio, Fujimori derrotouno, baixo alegacións de fraude electoral. Toledo recusouse a participar dunha segunda volta contra Fujimori, e pediu, sen éxito, a anulación das eleccións.

A 28 de xullo de 2000 Fujimori asumiu o seu terceiro mandato. Entre tanto, os protestos da oposición gradualmente creceron e, durante visita a Brunei o novembro de 2000 para participar nun congreso da APEC, gran parte do Congreso Peruano negou continuar o apoio a Fujimori. Este dirixiuse ao Xapón de onde enviou a súa renuncia por fax e solicitou a cidadanía xaponesa.

Coa caída de Fujimori, asumiu interinamente Valentín Paniagua Corazao, presidente do Congreso peruano. Este organizou eleccións en 29 de maio de 2001, vencidas por Alejandro Toledo que disputou contra Alan García.

Galería de imaxes editar

Presidentes do Perú

Segue a:
Valentín Paniagua Corazao
Alejandro Toledo
Precede a:
Alan García Pérez
Perú Posible