Alejandro Mon Landa
Alejandro Mon Landa, nado en Pontevedra o 4 de decembro de 1852 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1915, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1852 Pontevedra, España |
Morte | 15 de xaneiro de 1915 (62 anos) Pontevedra, España |
Alcalde de Pontevedra | |
1879 – 1880 – Antonio Vázquez Limeses → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Fillos | Alejandro Mon Landa Landa |
Traxectoria
editarFillo de Miguel Mon Álvarez Castrillón e de Dolores Landa Pérez, neto de Miguel de Mon y de Miranda, dunha familia fidalga asturiana. Casou coa súa curmá Clementina Landa López[1].
Doutor en Dereito civil e canónico. Membro do Partido Conservador, foi alcalde de Pontevedra (1879-1880) e deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Cañiza en 1891 e 1893. Volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1898, e reelixido nas sucesivas eleccións até 1910. Foi pai de Alejandro Mon Landa Landa, que o sucedeu como deputado polo mesmo distrito.
En 1907 obtivo xunto con José Riestra López e Gaspar Massó Ferrer a concesión do Tranvía a vapor de Pontevedra á Marín[2].
Foi avó de Gonzalo Fernández de la Mora[3].
Notas
editar- ↑ "Mon (Pontevedra) por Pousada Xosé Docampo.". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 05 de setembro de 2012.
- ↑ "Tranvía de Pontevedra á Marín". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2011. Consultado o 05 de setembro de 2012.
- ↑ Gonzalo Fernández de la Mora: Coherencia política y agitación intelectual ARBIL, anotaciones de pensamiento y critica.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.
Predecesor: Nicolás María Feijóo Taboada |
Alcalde de Pontevedra 1879 - 1880 |
Sucesor: Antonio Vázquez Limeses |