Aleix Garrido
Aleix Garrido Cañizares, nado en Ripoll o 22 de febreiro de 2004, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.
Aleix Garrido | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Aleix Garrido Cañizares | ||
Nacemento | 22 de febreiro de 2004 | ||
Lugar de nacemento | Ripoll | ||
Altura | 1,70 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Barcelona Atlètic | ||
Número | 10 | ||
Carreira xuvenil | |||
2012–2023 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2022– | Barcelona Atlètic | 30 | (3) |
2023– | Barcelona | 1 | (0) |
Selección nacional | |||
2021 | España sub-18 | 3 | (0) |
2022– | España sub-19 | 6 | (1) |
2022 | España sub-20 | 2 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de decembro de 2023. Selección: actualizado a 12 de decembro de 2021.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Ingresou na canteira do FC Barcelona en 2012, con 8 anos, e foi subindo por todas as categorías inferiores do club.[1][2] O 9 de xaneiro de 2022 debutou co filial na Primeira División RFEF, nun partido ante o Betis Deportivo, e marcou o único gol do seu equipo, que perdeu o encontro por 1-2.[3] Durante esa campaña e a seguinte continuou compaxinando o Barcelona Atlètic co xuvenil, co que gañou unha Copa de Campións.
O 1 de marzo de 2023 recibiu a súa primeira convocatoria co primeiro equipo do Barcelona, para un partido da Primeira División contra o Elche no Martínez Valero. Nos minutos finais de encontro, co marcador reflectindo unha vitoria barcelonista por 0-4, Xavi deulle entrada ao terreo de xogo como substituto de Ansu Fati.[1][4] Estivo no banco tamén nas seguintes tres xornadas do campionato de liga, competición que acabou conquistando o Barcelona.
Selección española editar
Foi seis veces internacional coa selección española sub-19.
Palmarés editar
- Barcelona
- Primeira División (1): 2022/23 [5]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Aleix Garrido makes FC Barcelona debut" (en inglés). 1 de abril de 2023. Consultado o 12 de decembro de 2023.
- ↑ Torelló, Roger (2 de abril de 2023). "Aleix Garrido, tras su debut: "Es el día más feliz de mi vida"". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2023.
- ↑ "FC Barcelona B 1-2 Betis Deportivo: 2022 opens with a defeat" (en inglés). 9 de xaneiro de 2022. Consultado o 12 de decembro de 2023.
- ↑ Jiménez, Juan (1 de abril de 2023). "Aleix Garrido, leading the next generation at Barcelona". As (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2023.
- ↑ "FC Barcelona, Liga champions 2022/23!".
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).