Albino Jara

político paraguaio


Albino Jara Benegas, nado o 28 de febreiro de 1877 en Luque e finado o 15 de maio de 1912 en Asunción[1], foi un militar e presidente "de facto" da República de Paraguai en 1911.

Infotaula de personaAlbino Jara Benegas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1877 Editar o valor em Wikidata
Luque
Morte15 de maio de 1912 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Asunción
Cargos
Presidente de Paraguai
Período17 de xaneiro de 1911 - 5 de xullo de 1911
AntecesorManuel Gondra
SucesorLiberato Marcial Rojas
Datos persoais
País de nacionalidadeParaguai Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar
Partido políticoPartido Liberal Radical Auténtico
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou ata o cuarto curso na Facultade de Dereito. Aos 20 anos obtén unha bolsa de estudos en Chile, na Academía Militar; de aí sae como alférez. De regreso ao seu país ascende a tenente e en 1904 a capitán. En 1908 é ascendido a coronel. Pasarían 3 anos ata que realizase un golpe de estado e se autoproclamase presidente, derrocando ao presidente constitucional, Manuel Gondra.

Asumiu o cargo o 17 de xaneiro de 1911, aos 33 anos de idade. Durante o seu goberno estableceuse un sistema educativo comparado cos modelos de Estados Unidos e Europa[Cómpre referencia]. Foron pavimentados 40 km² das rúas de Asunción[Cómpre referencia], fundou o Instituto Histórico e Xeográfico de Paraguai, e traballou para que o ferrocarril chegará ata a cidade de Encarnación para posteriormente unirse a conexión con Posadas (Arxentina).

O 5 de xullo de 1911 foi deposto e levado ao porto para expulsalo cara a Bos Aires.

En 1912 retornou a Paraguai. Quixo organizar unha revolución contra o goberno de Pedro Pablo Peña, pero non o logrou. Ferido de bala na acción foi encarcerado e, como consecuencia das feridas, faleceu o 15 de maio de 1912.

Presidente de Paraguai

Segue a:
Manuel Gondra
Albino Jara
Precede a:
Liberato Marcial Rojas
Partido Liberal Radical Auténtico

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2007. Consultado o 29 de agosto de 2010.