Alberto Míguez

xornalista galego

Alberto Míguez Alvarellos, nado na Coruña o 25 de outubro de 1940 e finado en Madrid o 25 de setembro de 2009, foi un xornalista e escritor galego.

Alberto Míguez
Nacemento25 de outubro de 1940
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento25 de setembro de 2009
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e escritor
Coñecido porGalicia: éxodo y desarrolo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo de Enrique Míguez Tapia catedrático e director do Instituto Masculino da Coruña. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade Central, e graduouse na Escola Oficial de Xornalismo. En 1963 comezou a dirixir o primeiro suplemento cultural de La Voz de Galicia, o Artes y Letras, no que facía recensións de cine, literatura e pintura. Foi subdirector do periódico económico 3-E.

En 1966 publicou o libro El pensamiento político de Castelao, editado en París por Ruedo Ibérico. O volume, unha antoloxía de textos de Castelao, levouno ante o Tribunal de Orde Pública. Foi defendido por Valentín Paz Andrade, e condenado a seis meses de prisión e unha multa.[1]

Seguiu a súa carreira profesional no diario Madrid, pechado en 1971 por Manuel Fraga. Comezou a traballar entón en La Vanguardia como correspondente en Marrocos e despois en Lisboa, onde cubriu a Revolución dos Caraveis. En 1976 participou na creación do xornal El País como redactor xefe da sección internacional, e despois regresou a La Vanguardia como correspondente diplomático. Entre 1982 e 1996 foi decano dos correspondentes diplomáticos de España. En 1986 o seu chalé de Zumaia (Guipúscoa) foi asaltado por membros de ETA. Morreu por mor dunha doenza hepática en Madrid o 25 de setembro de 2009.[2][3]

Vida persoal editar

Estivo casado coa francesa Lilliane Dublanc, con quen tivo un fillo.

Obra editar

Notas editar

  1. "Un periodista internacional", artigo de Carlos Fernández en La Voz de Galicia, 15 de setembro de 2005 (en castelán).
  2. Necrolóxica en ABC, 29-9-2009, p. 71.
  3. "Un periodista 'en peligro de extinción'", obituario en El Mundo, 1 de outubro de 2009 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar