Alberto Fabra

político español

Alberto Fabra Part, nado en Castelló de la Plana o 6 de abril de 1964, é un político español do Partido Popular, actual presidente da Generalitat Valenciana. Foi proposto para o cargo polo seu partido tras a dimisión de Francisco Camps o 20 de xullo de 2011.

Infotaula de personaIlustrísimo señor Editar o valor em Wikidata
Alberto Fabra
Biografía
Nacemento6 de abril de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Castelló de la Plana, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Presidente da Generalitat Valenciana
Período28 de xullo de 2011 – 
AntecesorFrancisco Camps
  Presidente do PP da Comunidade Valenciana
Período20 de xullo de 2011 – 
AntecesorFrancisco Camps
  Alcalde de Castelló de la Plana
Período15 de decembro de 2005 – 27 de xullo de 2011
AntecesorJose Luis Gimeno
SucesorAlfonso Bataller Vicent
  Deputado das Cortes Valencianas
Período14 de xuño de 2007 – 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatólico
EducaciónUniversidade Politécnica de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónArquitecto técnico
Partido políticoPartido Popular (PP)
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCristina Fortanet
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Formación editar

Alberto Fabra estudou no colexio público Herrero e no instituto Francisco Ribalta de Castelló de la Plana. En 1987 titulouse en Arquitectura técnica pola Universidade Politécnica de Valencia.

Concelleiro en Castelló de la Plana editar

En 1982 afiliouse ás Novas Xeracións de Alianza Popular, partido liderado daquelas por Manuel Fraga, chegando a ser presidente local e provincial desta organización. Foi elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1991.

O seu primeiro cargo no goberno municipal foi o de concelleiro de xuventude e medio ambiente. En 1993, asume a concellaría de obras e servizos públicos. Tras as eleccións municipais de 1999, é nomeado concelleiro de urbanismo.[1] Entre 1999 e 2005, foi primeiro tenente de alcalde, concelleiro de urbanismo e obras e portavoz do equipo municipal de goberno.

Alcalde de Castelló de la Plana editar

En 2005 foi elixido alcalde de Castelló de la Plana tras a dimisión de Jose Luis Gimeno, manténdose no seu cargo tras as eleccións municipais de 2007 e as de 2011, grazas á maioría absoluta conseguida polo seu partido.

Deputado nas Cortes Valencianas editar

Nas eleccións autonómicas de 2007 foi elixido deputado nas Cortes Valencianas, revalidando o cargo tamén nas de 2011.

Presidente do PPCV e da Comunidade Valenciana editar

En novembro de 2009 Alberto Fabra foi nomeado coordinador xeral do Partido Popular da Comunidade Valenciana, un cargo de nova creación que se enmarcaba no proceso de renovación das estruturas internas como consecuencia do escándalo de corrupción política coñecido como caso Gürtel. O 20 de xullo de 2011 anunciouse que sería elixido Presidente da Generalitat Valenciana tras a dimisión de Francisco Camps.[2]

Vida privada editar

Estivo casado con Cristina Fortanet Gómez e ten dous fillos.[1] En abril de 2021 casou con Silvia Jato.[3] Aínda que comparten apelido, Alberto non é familiar do expresidente da Deputación Provincial de Castelló, Carlos Fabra, segundo el mesmo negou en diversas ocasións.[4][5][6] Non obstante, segundo o Diccionario biográfico de políticos valencianos 1810-2005 (editado pola Deputación de Valencia e a UNED-Valencia) si que sería seu curmán.[7]

Predecesor:
José Luis Gimeno
 
Alcalde de Castelló de la Plana

2005-2011
Sucesor:
Alfonso Bataller Vicent
Predecesor:
Francisco Camps
 
Presidente do PP da Comunidade Valenciana

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Francisco Camps
 
Presidente da Generalitat Valenciana

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El primer president de Castelló". El Periódico Mediterráneo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  2. "Alberto, president". El Periódico Mediterráneo. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  3. La presentadora gallega Silvia Jato se casa por sorpresa con Alberto Fabra
  4. ""Para fastidiar a Fabra digo que soy su hijo"". Público. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  5. "Alberto Fabra, alcalde de Castellón, será el nuevo presidente de la Generalitat y del PPCV". 20 minutos. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  6. "Astucia, discreción y don de la oportunidad". Levante-EMV. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  7. "Diccionario Biográfico de Políticos Valencianos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2006. Consultado o 14 de febreiro de 2006. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar