Alberto Cunha, nado en Vigo o 1 de agosto de 1973, é un actor, músico e humorista galego.

Infotaula de personaAlberto Cunha
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , imitador (pt) Traducir , compositor , humorista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3518648 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou desde novo a súa carreira musical e teatral. En 1990 comezou a presentar Tarde Taina, programa infantil da TVG.

Como cantante estivo na Orquestra Sinfónica de Melide, e en 2001 publicou o seu primeiro disco, Alberto. En 2004 publicou Ahora, un CD con temas propios e unha versión de "Ne me quitte pas" de Jacques Brel acompañado ao piano por Teo Cardalda de Cómplices.

En 2008 publicou Contra Tempo, con versións de autores coma Andrés do Barro, Luís Emilio Batallán, Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Rafael Amor ou Pepe Domingo Castaño.

Compuxo a sintonía de Pratos combinados (onde apareceu de actor nun capítulo) e de Gran Verbena.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar