Pepe Domingo Castaño

Cantante, presentadora e locutora de radio e televisión española

Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942[1] e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023,[2] foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).

Infotaula de personaPepe Domingo Castaño

(2013) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Pepe Domingo Castaño Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Domingo Castaño Solar Editar o valor em Wikidata
8 de outubro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Lestrobe, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortesíndrome de disfunción multiorgánica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLestrobe
Padrón
Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónXornalista, presentador, cantante
Período de actividade1960 Editar o valor em Wikidata - 2023 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorÁbside Media (pt) Traducir (2010–2023)
Mediaset España (1995–1995)
RTVE (1967–1982)
Grupo PRISA (1964, 1973–1966, 2010) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Luisa Seco
(1969-1981)
María Teresa Vega
(1985-2023)
Fillos2
PaisAntonio Editar o valor em Wikidata  e Rosa Editar o valor em Wikidata
ParentesCristina Castaño (sobriño)
Nacho Castaño (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0144533 MySpace: pepedomingocastano BNE: XX881983 Dialnet: 2258044 Musicbrainz: b61a7881-484f-4764-8119-937e2fa44d25 Discogs: 949568 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo con moitos irmáns[3], comezou sendo contable nunha empresa de curtidos da súa vila en 1964. Cando se decatou de que quería ser locutor de radio presentouse a unhas probas convocadas por Radio Galicia que supuxeron a súa primeira oportunidade en Santiago de Compostela.

Dous anos despois tomou a decisión de probar sorte en Madrid, onde logo dun intento marrado,[3] traballaría como locutor e lector da ONCE. Continuaría en Madrid, presentando en La Voz de Madrid o programa Club Musical, ó que seguiría outro traballo en Radio Centro e posteriormente o programa Tabla redonda del disco. O seu lanzamento viría da man de Discoparada, onde coñecería a multitude de cantantes que se promocionaban no seu espazo.

En 1973 fichou pola Cadena SER. Viva la Radio, Voces a 45, Sintonía sobre ruedas, Diario musical SER, Temas del Día e sobre todo El Gran Musical foron os programas que lle deron gran popularidade en toda España.

Despois virían Onda Media Aquí la SER, Mediodía SER, Domingo Pepe Domingo, Los tíos del Domingo, Ser-vicio de verano e Hoy por Hoy Madrid. Logo pasou ás retransmisións deportivas, da Vuelta Ciclista a España e o Tour de Francia, ao Carrusel Deportivo (no que compartiu espazo con Paco González) ou El Larguero, programas que o converteron nun dos grandes da radio. O trío estable que formou con Paco González e Manolo Lama fixo deles uns dos clásicos da radio española. Os tres mudaron xuntos á Cadena COPE, onde traballou os seus últimos anos, no programa Tiempo de juego.

Prensa

editar

Colaborou varios anos coa revista Hola.

Televisión

editar

O seu paso pola televisión tamén estivo ligado ó éxito. Comezou con Biblioteca Joven, xunto a María Luisa Seco, presentadora coa que casaría o 6 de setembro de 1969 e da que separou tres anos máis tarde.

Máis tarde, e tamén en TVE, faría outros programas coma A todo ritmo, Voces a 45 e especialmente o popular 300 Millones, en referencia ao número de falantes de español, e que durante tres anos o levaron por España e América. Tras ser despedido de TVE, levou a cadea gobernamental española a xuízo e foi indemnizado. En 1985 presentou Boa Noite, programa da TVG.

En setembro de 1995, trece anos despois da súa última aparición na televisión, regresou esta vez a Telecinco co programa Número 1.

Carreira musical

editar

A súa carreira discográfica tamén foi salientable. Comezou formando parte de agrupacións musicais coma Los Ibéricos e los Blue Sky, pero logo continuou como solista con grandes éxitos coma "Neniña (Viste pantalón vaquero)", que foi número un nas listas de vendas de toda España, "Mi pueblo", "Te vas", "Porque te quiero tanto", "Mujercita de ojos claros", "Compañera soledad" ou "Motivos". Este último tema número un de vendas en México con máis de dous millóns de discos vendidos, e popularizada en varios países de Hispanoamérica e mesmo nos Estados Unidos. De 'Motivos' fixéronse máis de trinta versións. Outros títulos de éxito son: "Mentirosa" ou "Brindo con mis canciones" entre outras que compuxeron a súa discografía, ademais dun LP de poemas de amor, dedicado ó autor cubano José Ángel Buesa, que esgotou todas as existencias do mercado ó pouco tempo de aparecer á venda.

Premios

editar

Recibiu multitude de premios, coma o premio ó mellor locutor e showman do ano, o Premio á Popularidade do diario Pueblo ó mellor xornalista musical, Guaca y Puro de ouro de Venezuela, Disco de Ouro de México, Canción Motivo, Cámara de Comercio, Antena de Ouro no apartado locución e Premio Ondas Nacional nos anos 1975, 1996 e 2002.

Vida persoal

editar

Tralo seu matrimonio coa xornalista María Luisa Seco, que só durou tres anos, casou en segundas nupcias con María Teresa Vega en 1985. Con ela tivo dous fillos e foi a súa parella até o seu falecemento. Finou no hospital Zarzuela[4], situado en Aravaca, distrito municipal do oeste de Madrid, logo dunha breve enfermidade na gorxa[3].

Foi tío da actriz Cristina Castaño e do actor Nacho Castaño.

  1. Sol Elvira (09-04-2022). "Pepe Domingo Castaño ya es Fillo Predilecto de Dodro". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 11-04-2022. 
  2. "Falece Pepe Domingo Castaño". Nós Diario. 17 de setembro de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Relaño, Alfredo (2023-09-17). "Pepe Domingo exprimió la vida hasta el final". El País (en castelán). Consultado o 2023-09-17. 
  4. Á.M. (2023-09-17). "Muere Pepe Domingo Castaño, leyenda de la radio deportiva". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2023-09-17. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar