Alberto Casero

político español

Alberto Casero Ávila, nado en Cáceres o 15 de novembro de 1978, é un político estremeño do Partido Popular, deputado no Congreso dos Deputados. Foi alcalde de Trujillo.

Infotaula de personaAlberto Casero
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Cáceres, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Partido Popular

3 de decembro de 2019 – 3 de marzo de 2023 – María Dolores Marcos Moyano →

Circunscrición electoral: Cáceres (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
10 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Cáceres (en) Traducir

Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Estremadura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Trujillo
Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porembezzlement of public funds (en) Traducir (2023)
Prevaricación (2023) Editar o valor em Wikidata

Twitter: AlbertoCasero Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Papeleta das Eleccións xerais de novembro de 2019.

Licenciouse en dereito pola Universidade de Estremadura. Militou dende os dezaoito anos nas Novas Xeracións do Partido Popular. En 2001 a militancia elixiuno presidente provincial da organización en Cáceres, posto que mantivo ata 2006 e asemade foi membro da súa executiva nacional.

En 2003 converteuse no deputado máis novo da Asemblea de Estremadura, e pouco despois tamén asumiu a vicesecretaría xeral do PP na provincia de Cáceres, alén de ser membro da dirección do Partido Popular de Estremadura. Dende 2007 é secretario xeral do Partido Popular da provincia de Cáceres, e ao tempo presidente da agrupación local de Cáceres, que xa viña exercendo dende 2005.

En xuño de 2011 accedeu á alcaldía de Trujillo tras gañar o seu partido as eleccións locais co 64,68% dos votos, unha maioría absoluta que revalidou en 2015 co 54,87%.[1][2]

Nas eleccións xerais de 2011 resultou elixido senador pola provincia de Cáceres, cargo que compatibilizou co de alcalde. Nas eleccións xerais de 2019 encabezou a lista ao Congreso dos Deputados polo Partido Popular na provincia de Cáceres.

Dende finais de 2021, Alberto Casero Ávila ten aberta unha investigación por un posíbel delito de prevaricación continuada.[3] Saltou á primeira liña informativa o 3 de febreiro de 2022 cando, por erro, votou telematicamente a prol da revalidación do decreto de Reforma Laboral proposto polo goberno de Pedro Sánchez,[4] cando todo o seu partido político votou en contra. Sen o voto favorable de Alberto Casero o devandito decreto non tería sido revalidado.[5][6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar