Alba De Evan

Docente e escritora galega

Alba De Evan Freijedo, nada en Vigo en 1987, é unha docente e escritora galega.[1]

Infotaula de personaAlba De Evan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente , escritora , editora literaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 609

Traxectoria editar

Estudou a Primaria na cidade onde naceu, mais a Secundaria fíxoa no IES Blanco Amor de Ourense, onde comezou a interesarse pola escrita, participando en varios certames literarios.

Realizou a licenciatura de Historia e o Mestrado de Profesorado en Ourense. Exerce a docencia desde que se gradou.[2]

Estreouse na literatura infantil ilustrada co relato A Superavoa de Antón, escrito co seu compañeiro Xabier Domínguez Pérez, e editado tanto en galego coma en castelán pola organización Meu Rei.

Tamén creou con Xabier Domínguez a serie Naturizo con temática medioambiental, que transcorre na Serra de San Mamede,[3][4] dos que hai, ata o de agora, nove títulos publicados.

No ano 2020 fundouse Antela Editorial, dedicada á literatura infantil e xuvenil, da que é cofundadora e onde tamén exerce o papel de editora.

Continuando no eido do público infantil, ese mesmo ano publicou Fronteiras de papel (Antela Editorial), no que trata a problemática á que se enfrontan os migrantes na súa procura dun futuro mellor. Antela Editorial ten publicados sete títulos: Fronteiras de papel, Soños de Cajamarca, Sueños de Cajamarca (en castelán), Xa non son malo, O xigante de Magarelos, Elvira e O país da choiva.

No mes de maio do ano 2021 veu a luz a súa primeira novela xuvenil, Maxia de Pedra con Edicións Xerais de Galicia, escrita xunto con Xabier Domínguez, unha historia na que mestura actualidade e fantasía, con elementos históricos da historia antiga de Galicia coma a cultura castrexa. Tamén nese mesmo ano saíu en outubro A bruxa Selana (La bruja Selana na súa versión en castelán) con Edicións do Cumio, novela infantil (a partir de 8 anos) onde o centro da trama é a vida dunha pequena meiga da Galicia rural.

Obra infantil e xuvenil editar

Como autora editar

Con Xabier Domínguez editar

Notas editar

  1. "Alba de Evan Freijedo – Naturizo". Consultado o 2021-11-02. 
  2. "«Naturizo busca implicar aos rapaces na problemática medioambiental»". La Voz de Galicia. 2018-09-28. Consultado o 2021-11-02. 
  3. Mónica V. Lopo (2018-04-15). "Os valores da vida con Naturizo: un ourizo da Serra de San Mamede". La Región. Consultado o 2021-11-02. 
  4. "El salto literario de Naturizo". Faro de Vigo (en castelán). 2018-04-19. Consultado o 2021-11-02.