Al-Hasaka
Al-Hasaka (en árabe: الحسكة; en kurdo setentrional: Hesîçe; en siríaco: ܚܣܟܗ) é a capital da gobernación homónima no nordeste de Siria. En 2004 tiña unha poboación de 188.160 habitantes, facendo dela unha das maiores cidades do país. A maioría da poboación é kurda, con minorías significativas árabe e asiria, e cunha pequena minoría armenia.