Aicha Duihi é unha activista saharauí dos dereitos humanos e que é a presidenta do Observatorio do Sáhara para a Paz, Democracia e Dereitos Humanos que defendeu os campamentos da Fronte Polisario na Vilaia de Tindouf no suroeste de Alxeria na fronteira co Sáhara Occidental. Especificamente, Duihi actúa como portavoz das persoas secuestradas e cativas que se atopan recluídas nos campamentos da Fronte Polisario e busca combater a propaganda e desinformación dirixida ás mulleres vulnerábeis.[1] En 2019, gañou o Premio Europeo ó Liderado Internacional de Mulleres no Parlamento europeo.[2]

Infotaula de personaAicha Duihi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
O Aaiún Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMarrocos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Cádi Ayyad (pt) Traducir
Mohammed V University at Agdal (en) Traducir
IAE de Poitiers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Facebook: aicha.duihi.9 Twitter: 2006_aicha Instagram: duihiaicha LinkedIn: aicha-duihi-b2309794 Editar o valor em Wikidata

Como presidenta do Observatorio do Sáhara, Duihi é responsable de comunicarse con outras ONGs sobre áreas de preocupación e interese. Coa Rede Independente de Dereitos Humanos e a Liga do Sáhara para a Democracia e os Dereitos Humanos, Duihi emitiu un comunicado que condena o silencio internacional sobre o estado dos campamentos da Fronte Polisario en Tindouf e Lahmada, especificamente incidindo nos xuízos arbitrarios e arresto de periodistas e activistas de dereitos humanos.[3]

Duihi tamén premeu ó Consello de Seguranza da Nacións Unidas para abordar a desigualdade e a discriminación baseadas no sexo no que respecta ó papel das mulleres no establecemento da paz na rexión.[1] Con este fin, colaborou na creación de numerosas iniciativas e proxectos cidadáns dirixidos á mellora das condicións dos nenos, así como a iniciativas que procuran frear o tráfico humano.[2]

Notas editar