Ai Qing

poeta chinés

Ai Qing (chinés tradicional e simplificado: 艾青; pinyin: Aì Qīng; Wade-Giles: Ai4 Ch'ing1), nado en Jinhua o 27 de marzo de 1910 e finado en Pequín o 5 de maio de 1996, foi un escritor chinés considerado un dos máis grandes poetas chineses contemporáneos.

Modelo:BiografíaAi Qing

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-cn) 艾青 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1910 Editar o valor en Wikidata
Jinhua, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 1996 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Pequín, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
EducaciónChina Academy of Art (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, pintor, escritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAi Xuan, Ai Weiwei Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1701303

Biografía

editar

Primeiros anos e influencias

editar

Naceu ao leste da China e estudou artes na escola Hangzhou Xihu. Viaxou a Europa e en París estudou a artistas como Renoir ou Van Gogh, filósofos como Kant ou Hegel. A súa obra está moi marcada polo poeta belga Émile Verhaeren.

Regreso a China

editar

Con vinte e dous anos, no seu regreso a China, estableceuse en Shanghái en 1932 e traballou como tradutor. Nesa época comezou a súa carreira literaria.

Tras a segunda guerra Sino-Xaponesa en 1937, escribiu "Neve en terra chinesa" (《雪落在中国的土地上》) ao chegar a Wuhan para apoiar esa ofensiva. En 1938, mudouse a Guilin onde foi editor do "Guixi Daily" newspaper. En 1940, nomeárono decano do departamento de chinés na Universidade YuCai de Chongqing. En 1941, mudouse a Yan'an e uniuse ao Partido Comunista da China ao ano seguinte.

Problemas co réxime

editar

En 1957 foi acusado de dereitismo por criticar o réxime chinés.[1] Foi exiliado a granxas de Manchuria en 1958 e a Xinjiang en 1959 e non se lle permitiu publicar as súas novelas "Canción de retorno" (《归来的歌》) e "Oda á luz" (《光的赞歌》) até 1979.

Recoñecementos e vida persoal

editar

Na súa segunda visita a Francia en 1980, o presidente François Mitterrand outorgoulle o título de "Comandante da Orde das Artes e as Letras".

É pai do artista e arquitecto Ai Weiwei.

  1. "Ai Qing | Chinese poet | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-04-07. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar