Agustín Rodríguez González

militar e político galego

Agustín Rodríguez González, nado en Vilar de Carracedo (Carracedo, A Peroxa) a principios do século XX, foi un militar e político galego.

Infotaula de personaAgustín Rodríguez González
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Carracedo Editar o valor em Wikidata
MorteUruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEulogio Rodríguez González e Antonio Rodríguez González Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Agustín Rodríguez Incógnito. Marchou a Barcelona e despois a Francia. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Francia traballando como condutor de camión, e regresou a España coas Brigadas Internacionais convocado pola CNT. Combatiu na fronte de Aragón e participou na batalla de Teruel. Ao rematar a guerra foi detido en Pamplona. Despois da guerra instalouse en Cerdanyola del Vallès onde se dedicou ao straperlo co seu irmán Eulogio. Logo da morte do seu irmán Antonio e da detención de Eulogio en 1945, foi visitalo ao cárcere de Cuenca, onde foi detido. Marchou a Francia e de alí emigrou ao Uruguai. Deixoulle a súa documentación ao seu irmán Custodio.

Vida persoal editar

Casou con Soledad en Cerdanyola durante a guerra civil

Véxase tamén editar

Bibliografía editar