Aguia (Terra Media)

As Aguias son as máis grandes e nobres aves creadas por Manwë e Yavanna antes do despertar dos Fillos de Ilúvatar. Segundo os diálogos sostidos entre estes dous Valar, recollidos no Silmarillion, Manwë reveloulle a Yavanna que na Canción dos Ainur os cantos de ambos se elevaran xuntos. Isto quería dicir que o reino de Manwë (o ar) e o de Yavanna (os seres vivos) crearían algo xuntos. Manwë púxolles a estas aguias espíritos benaventurados para que deste xeito fosen os seus nobres vasalos, vixías e mensaxeiros.

A Aguia Gwaihir.

HistoriaEditar

A súa misión principal era a de ser mensaxeiras de Manwë, aínda que tamén tiñan a de axudar ós elfos e ós homes contra Morgoth, na Primeira Idade do Sol, cando o seu líder era Thorondor. Durante esta Idade, rescataron a Maedhros e Fingon, a Beren e Lúthien cando roubaron o Silmaril da coroa de Morgoth, a Fingolfin no seu combate contra Morgoth e rescataron o seu corpo para que descansara nun lugar a salvo, preto da cidade de Gondolin. Tamén participaron na Guerra da Cólera.

Na Segunda Idade, cando a condenación de Númenor se achegaba, moitos homes creron ver, entre as escuras nubes de treboada, ás aguias de Manwë voando cara a eles dende o Occidente en formación de combate, e interpretárono como un sinal da ira dos Valar.

Na Terceira Idade, as aguias das Montañas Bretemosas, dirixidas por Gwaihir, axudaron a Gandalf e a Radagast. Antes da Batalla dos Cinco Exércitos, axudaron a Gandalf, ós ananos e a Bilbo Bulseiro, ademais de que participaron en dita batalla. Durante a Guerra do Anel liberaron a Gandalf de Orthanc e rescataron a Frodo e a Sam das ladeira en chamas de Orodruin.

DescriciónEditar

As aguias eran realmente xigantescas. Na Primeira Idade tiñan ata 30 metros de envergadura das ás. Na Terceira Idade eran máis pequenas, pero aínda o suficientemente grandes como para levar ás costas a un home. Ademais, podían falar as linguas dos homes e elfos e vivían moito tempo.