Agamidae
Agamidae Agámidos Rango fósil: Eoceno medio - Actualidade (38,5 - 0 Millóns de anos) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Agama agama | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||||
|
A dos agámidos (Agamidae) é unhna de familia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, que comprende máis de 400 especies en África, Asia, Oceanía e algunhas no sur de Europa.
Filoxeneticamente están relacionadas cos iguánidos, caracterizadas pola dentición predominantemente acrodonte.
Características
editarOs agámidos teñen usualmente fortes patas. As súas colas non poden rexenerarse como as dos xecos. Moitas especies son capaces de limitados cambios de coloración. Ecoloxicamente viven desde cálidos desertos a selvas tropicais.
Taxonomía
editarDescrición
editarA familia foi descrita en 1825 polo naturalista, médico, zoólogo e explorador alemán Johann Baptist von Spix, nas páxinas 1-26 da súa obra Animalia nova sive species nova lacertarum quas in itinere per Brasiliam annis MDCCCXVII-MDCCCXX jussu et auspicius Maximiliani Josephi I Bavariae Regis suscepto collegit et descripsit Dr. J. B. de Spix. (Texto completo).
Etimoloxía
editarO nome da familia está formado, como é norma, sobre a raíz do seu xénero tipo, Agamus, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio das familias de animais.
Clasificación
editarNa actualidade recoñécense dentro da familia as subfamilias seguintes:[1]
- Agaminae Spix, 1825
- Amphibolurinae Wagler, 1830
- Draconinae Fitzinger, 1826
- Hydrosaurinae Kaup, 1828
- Leiolepidinae Fitzinger, 1843
- Uromastycinae Theobald, 1868
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agamidae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Agamidae |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |