Adrián Sieiro
Adrián Sieiro Barreiro, nado en Pontevedra o 7 de decembro de 1992, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Foi dúas veces campión do mundo no C4 500 metros (2022 e 2023) e unha vez campión de Europa (2023).
Adrián Sieiro | |
---|---|
Nome completo | Adrián Sieiro Barreiro |
Nacemento | 7 de decembro de 1992 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | piragüista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Membro do Piragüismo Poio Pescamar, en 2018 sumou xunto ao poiés Sergio Vallejo a súa primeira gran medalla internacional, o bronce do Campionato de Europa celebrado en Belgrado, na proba de C2 1000 metros.[1] A pesar de gañar todos os selectivos nacionais entre 2017 e 2020 os problemas físicos de Vallejo deixaron á parella sen poder acudir aos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio.[2]
En 2022 proclamouse campión do mundo na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Manuel Fontán e Pablo Graña e o balear Joan Moreno, dúas semanas antes de proclamarse tamén campión europeo xunto a Joan Moreno no C2 500, no certame celebrado en Múnic.[3][4] En 2023 revalidou o ouro mundial no C4 500 metros, co mesmo equipo que na edición anterior.[5]
Palmarés internacional editar
Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2022 | Dartmouth | Ouro | C4 500 m |
2023 | Duisburgo | Ouro | C4 500 m |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2018 | Belgrado | Bronce | C2 1000 m |
2022 | Múnic | Ouro | C2 500 m |
Notas editar
- ↑ «Adrián Sieiro» en CanoeResults.eu (en inglés).
- ↑ "El virus de Epstein-Barr, un enemigo silencioso que ha dejado a Sergio Vallejo y Adrián Sieiro sin Juegos Olímpicos". Pontevedra Viva (en castelán). 26 de abril de 2021. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Manuel Fontán y Pablo Graña logran el oro en el Campeonato del Mundo de Sprint" (en castelán). 8 de agosto de 2022. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ Carrazoni, Yuri (26 de agosto de 2022). "O ano da redención de Adrián Sieiro, ouro mundial e europeo en 14 días: "Penso en París 2024, mais non me obsesiona"". Nós Diario (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El cangués Pablo Graña, campeón del mundo dentro del C4 500" (en castelán). 27 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.