Manuel Fontán

piragüista galego

Manuel Fontán Señoráns, nado en Vilanova de Arousa o 17 de abril de 2001, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Foi dúas veces campión do mundo no C4 500 metros (2022 e 2023).

Infotaula de personaManuel Fontán
Biografía
Nacemento17 de abril de 2001 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
Vilanova de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Membro do Club Náutico O Muíño de Ribadumia, en 2022 proclamouse no Canadá campión do mundo na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Adrián Sieiro e Pablo Graña e o balear Joan Moreno,[1] título que revalidou ao ano seguinte en Duisburgo.[2] Tamén en 2023 logrou dúas pratas no Campioanto Europeo sub-23 en Montemor-o-Velho, nas probas de C2 1000 metros (xunto a Diego Dominguez) e no C2 500 metros (xunto a Martín Jácome).[3]

Palmarés internacional editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2022   Dartmouth   Ouro C4 500 m
2023   Duisburgo   Ouro C4 500 m

Notas editar

  1. "Manuel Fontán y Pablo Graña logran el oro en el Campeonato del Mundo de Sprint" (en castelán). 8 de agosto de 2022. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  2. "El cangués Pablo Graña, campeón del mundo dentro del C4 500" (en castelán). 27 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  3. Sánchez, Gonzalo (30 de xullo de 2023). "Manuel Fontán logra otro subcampeonato de Europa para el Náutico O Muiño" (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024.