Adrián Alonso Pereira

xogador de fútbol sala galego

Adrián Alonso Pereira, máis coñecido como Pola, nado en Vigo o 26 de xuño de 1988, é un xogador galego de fútbol sala que xoga de á-peche no no Noia Portus Apostoli, da Primeira división española.

Pola
Información persoal
Nome Adrián Alonso Pereira
Nacemento 26 de xuño de 1988
Lugar de nacemento Vigo
Posición Á-peche
Información de club
Club actual Noia
Carreira xuvenil
A Salgueira
–2005 Redondela FS
2005–2006 Lobelle
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2011 Lobelle
2006–2007 FS Nazareno 18 (10)
2011–2021 Inter Movistar 272 (113)
2021–2022 Sporting de Braga 26 (9)
2022–2023 Sandro Abate 12 (8)
2023 Inter Movistar 7 (0)
2023– Noia 0 (0)
Selección nacional
2011–2021 España 117 (54)
Na rede
UEFA: 1909175 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 3 de agosto de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Pasou polo Redondela FS antes de recalar no Lobelle Santiago, participando nos mellores anos da historia do club santiagués, co que gañou unha Copa de España e unha Supercopa ata 2011. A continuación militou durante 10 anos no Inter Movistar, club ao que capitaneou e co que conquistou ata 19 títulos, entre eles seis ligas, catro Copas de España e dúas Champions League.

Ademais foi 117 veces internacional coa selección española, coa que gañou a Eurocopa de 2016.

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol sala no seu barrio de Coia, e en idade xuvenil entrou no novo club de fútbol sala do barrio da Salgueira.[1] Con este equipo, no que coincidiu con Jonathan Pereira, proclamouse campión galego xuvenil. Posteriormente entrou na canteira do Redondela FS, co que xogou na División de Honra Xuvenil.[1]

En 2005 pasou á canteira do Lobelle Santiago, onde xogou primeiramente no equipo xuvenil e no filial. O 24 de setembro do mesmo, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na División de Honra, da man do adestrador José Venancio nun partido contra o Móstoles, anotando o único gol do seu equipo (3-1).[2] Na tempada 2006/07 saíu cedido ao FS Nazareno de Dos Hermanas e en 2007 pasou a ser xogador do primeiro equipo do Lobelle a todos os efectos. Participou dos mellores anos da historia do club santiagués, conquistando unha Copa de España e unha Supercopa, nun equipo no que xogaban entre outros Carlos Barrón, Alemão, Aicardo ou Rafael Rato.[3]

En 2011 fichou polo Inter Movistar, co que gañou durante a seguinte década todos os títulos nacionais posibles. Conquistou seis ligas, catro Copas de España, dúas Copas do Rei e cinco Supercopa de España. Internacionalmente gañou dúas Champions League, nos anos 2017 e 2018, despois de derrotar na final nos dous casos ao Sporting de Portugal.[4] No club de Alcalá de Henares actuou xunto a xogadores como Ricardinho, Betão ou Jesús Herrero e na parte final do seu paso polo equipo madrileño exerceu como capitán.[5]

No verán de 2021 deixou a liga española e fichou polo Sporting de Braga, da Primeira División de Portugal.[6]

Palmarés editar

Santiago Futsal editar

Inter Movistar editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El niño que odiaba perder" (en castelán). 8 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  2. "Miñambres acabó con la resistencia de un Lobelle combativo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de setembro de 2005. p. 42. 
  3. "Se despide la raza celta" (en castelán). 14 de abril de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  4. "Pola, el adiós de un guerrero que deja 19 títulos en el Movistar Inter". Marca (en castelán). 23 de xuño de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  5. "Pola y Borja lucirán el brazalete de capitán de Movistar Inter FS en esta temporada 20/21" (en castelán). 7 de agosto de 2020. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  6. "Pola jugará la próxima temporada en el Braga". Atlántico Diario (en castelán). 15 de xullo de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar