Ricardo Filipe da Silva Braga

xogador portugués de fútbol sala


Ricardo Felipe da Silva Braga, nado en Valbom, Gondomar, Portugal, o 3 de setembro de 1985, máis coñecido como Ricardinho, é un xogador de fútbol sala portugués que xoga no Inter Movistar de España e na selección nacional do seu país.[1]

Infotaula de personaRicardo Filipe da Silva Braga

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Ricardo Filipe da Silva Duarte Braga Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Gondomar, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRicardinho Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Altura164 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , xogador de fútbol sala Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol sala Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor em Wikidata
Número deportivo10 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2003- Seleção Portuguesa de Futsal (pt) Traducir
2003-2010 Futsal do Sport Lisboa e Benfica (pt) Traducir
2010-2013 Nagoya Oceans (pt) Traducir 70(79)
2011-2011cesión MFK CSKA Moscow (en) Traducir
2011-2012cesión Futsal do Sport Lisboa e Benfica (pt) Traducir
2013-2020 Inter Fútbol Sala
2020-2022 ACCS Asnieres Villeneuve 92 (en) Traducir
2022- Pendekar United F.C. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webricardinho10.com Editar o valor em Wikidata
UEFA: 73708 Editar o valor em Wikidata

Foi nomeado mellor xogador do mundo no 2010[2], 2014[3], 2015[4], 2016[5], 2017[6] e 2018[7], sendo o único xogador portugués en recibir este recoñecemento e o que máis veces o conseguiu na historia do fútbol sala, ademais de ser quen máis veces o conseguiu de maneira consecutiva (5 anos seguidos dende o 2014).

Carreira editar

Ricardinho comezou a xogar ao fútbol sala no Gramidense para despois fichar polo Miramar no ano 2002. Alí foi onde comezou a xogar profesionalmente. Despois de destacar neste club foise ao Benfica, club que tiña un proxecto moi ambicioso para desbancar o seu gran rival, o Sporting de Lisboa. No Benfica non tardou en namorar aos afeccionados e en crear adeptos cun xogo creativo e de gran calidade. Na Copa de la UEFA de Fútbol Sala 2003-2004, o Benfica de Ricardinho realizou unha gran fazaña chegando ata a final, onde perderon contra o Interviú por 5-7.

Na temporada seguinte o Benfica logrou un dobrete, ao gañar a liga e a Copa de Portugal. A partir desa tempada, o Benfica converteuse no dominador do campionato nacional e o equipo fixo historia tras a conquista da Copa de la UEFA de Fútbol Sala2009-10 tras vencer 3-2 ao Interviú, onde Ricardinho realizou un gran encontro[8]. Ao final da tempada, Ricardinho abandona o Benfica para fichar polo Nagoya Oceans, club no que xogou durante unha tempada logrando gañar a liga xaponesa. Durante a estancia nese club, obtivo o seu primeiro galardón como mellor xogador do mundo. Na seguinte tempada xogou no MFK CSK Moscova, onde estivo só uns meses[9]. Tras isto, no 2012, volveu ao Benfica onde volveu a conseguir un dobrete co club portugués.

Inter Movistar editar

Na tempada 2013-14 fichou polo Inter Movistar[10], onde logrou o título de campións da Liga Nacional de Fútbol Sala e foi o MVP desa tempada[11][12], converténdose pronto no xogador franquía e sendo nomeado mellor xogador do mundo no ano 2014. Ao ano seguinte, volveu a gañar a liga co Inter Movistar e volveu a ser nomeado o MVP de dicha tempada[13].Tamén gañou a Supercopa de España de Fútbol Sala co Inter[14].

Na 2015-16, o Inter Movistar gañou de novo a LNFS[15]. Ricardinho, iso si, non puido volver a ser MVP desta tempada, xa que Bruno Taffy se fixo co trofeo ao mellor xogador da competición[16].

No 2016 foi o máximo goleador no mundial de selección realizado ese ano en Colombia con 12 anotacións, 6 delas nun só partido ante Panamá, torneo no que a súa selección chegaría a semifinais caendo ante Arxentina, a actual  campioa do mundo, obtendo o cuarto lugar ao caer pola vía do tiro penal ante Irán no partido polo terceiro lugar[17][18]. Pese a recibir unha oferta millonaria do Nacional de Zagreb en Croacia, Ricardinho decide continuar o seu vínculo co Inter Movistar[19].

No 2017 gañou a Copa de España ao superar na quenda de penaltis a ElPozo Murcia[20].

O 30 de abril de 2017 gañou xunto co seu equipo, o Inter Movistar, a Copa da UEFA de fútbol sala 2016-17, tras gañarlle (0-7) ao Sporting CP, nun partido histórico[21].

Nesa mesma tempada, Ricardinho deulle a liga ao Inter Movistar tras marcar o (2-1) definitivo no quinto partido dos playoffs ante o FC Barcelona[22].

O 10 de xaneiro de 2018 foi nomeado mellor xogador do 2017, sendo este o cuarto galardón consecutivo e o quinto da súa carreira, superando así o número de galardóns obtidos polo brasileiro Falcao[23]. Xusto un mes despois, o 10 de febreiro, gañou a Eurocopa dese ano coa selección portuguesa[24] logo de vencer na final 3-2 á múltiple campioa continental, España, sendo nomeado ademais mellor xogador do torneo e o máximo goleador do certame[25] pese a lesionarse na final[26].

Co Inter Movistar volveu a firmar unha tempada histórica revalidando a Copa de la UEFA de fútbol sala, ao vencer na final ao Sporting CP por 5-2, e a LNFS, derrotando ao FC Barcelona na final dos playoffs[27].

En decembro de 2018 foi nomeado por sexta vez, e quinta de forma consecutiva, mellor xogador de fútbol sala do mundo.

Clubs editar

Club País Ano
Gramidense Portugal 2002
Miramar FS Portugal 2002 - 2003
SL Benfica Portugal 2003 - 2010
Nagoya Oceans[28] Xapón 2010 - 2013
MFK CSKA Moscova (cedido) Rusia 2011
SL Benfica (cedido)[29] Portugal 2012
Inter Movistar España 2013 - Act.

Palmarés editar

Benfica editar

Nagoya Oceans editar

  • Liga xaponesa (1)

Inter Movistar editar

Selección nacional editar

  • Eurocopa de fútbol sala (1): 2018

Títulos individuais editar

  • MVP da Supercopa de España (1): 2017
  • Mellor xogador do mundo (5): 2010, 2014, 2015, 2016, 2017
  • Mellor xogador da LNFS (2): 13/14, 14/15
  • Mellor Ala da LNFS (2): 13/14, 14/15

Libro editar

  • Ricardinho: La magia acontece donde hay dedicación (Córner) [quen?] [cando?]

Notas editar

  1. "Movistar Inter FS - Plantilla - Temporada (2014-2015) - Liga Nacional de Futbol Sala". www.lnfs.es. Consultado o 2019-05-16. 
  2. Mayora, Jose Adrian (2011-06-13). "FUTSAL BUCANEROS: El portugués Ricardinho nombrado "Mejor Jugador de Fútbol Sala del Mundo"". FUTSAL BUCANEROS. Consultado o 2019-05-16. 
  3. "La magia de Ricardinho le consagra como mejor jugador del mundo". abc (en castelán). 2015-03-30. Consultado o 2019-05-16. 
  4. "Fútbol Sala: Ricardinho, Jesús Velasco y Movistar Inter, los mejores del mundo en 2015". Marca.com (en castelán). 2016-05-20. Consultado o 2019-05-16. 
  5. "Ricardinho, mejor jugador del mundo por cuarta vez". abc (en castelán). 2017-04-30. Consultado o 2019-05-16. 
  6. "Fútbol sala: Ricardinho, elegido mejor jugador de fútbol sala del mundo por quinta vez". Marca.com (en castelán). 2018-01-10. Consultado o 2019-05-16. 
  7. "Ricardinho, seis veces mejor jugador del mundo". abc (en castelán). 2018-12-31. Consultado o 2019-05-16. 
  8. "BENFICA GANA SU PRIMERA COPA UEFA DE FUTBOL SALA". Sportmarket Social (en inglés). 2010-04-26. Consultado o 2019-05-16. 
  9. "Japón: Ricardinho deja el CSKA de Moscú, pero no regresará al Nagoya Oceans -- Liga Nacional de Futbol Sala". www.lnfs.es. Consultado o 2019-05-16. 
  10. MARCA.com. "Ricardinho ya es del Inter Movistar". MARCA (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  11. "Inter Movistar recupera el trono - MARCA.com". MARCA. 2014-06-14. Consultado o 2019-05-16. 
  12. "Ricardinho, MVP de la temporada 13/14 -- Liga Nacional de Futbol Sala". www.lnfs.es. Consultado o 2019-05-16. 
  13. "Ricardinho designado MVP de la LNFS por segunda temporada consecutiva -- Liga Nacional de Futbol Sala". www.lnfs.es. Consultado o 2019-05-16. 
  14. "El Inter Movistar gana la Supercopa de España". Antena3 (en castelán). 2015-09-05. Consultado o 2019-05-16. 
  15. AS, Diario (2016-06-18). "Fútbol sala: El Movistar Inter gana su 11ª Liga ante el Barcelona en el Palau". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  16. "Bruno Taffy, MVP de la temporada 15/16 -- Liga Nacional de Futbol Sala". www.lnfs.es. Consultado o 2019-05-16. 
  17. García, Óscar (2016-09-14). "Mundial Fútbol Sala 2016: Ricardinho: "Nunca pensé que marcaría seis goles en un Mundial"". Marca.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  18. "¡Imparable Ricardinho! Hat-trick del máximo goleador". AS.com (en castelán). 2016-09-17. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-16. 
  19. "La mareante oferta que podría sacar a Ricardinho de la liga española". abc (en castelán). 2016-04-07. Consultado o 2019-05-16. 
  20. García, Óscar; Real, Ciudad (2017-03-12). "Fútbol Sala: El Movistar Inter, campeón de Copa tras 18 penaltis". Marca.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  21. García, Óscar; Almaty (Kazajistán) (2017-04-30). "Fútbol Sala: El Movistar Inter, campeón de Europa por cuarta vez". Marca.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  22. "Movistar Inter, campeón de Liga de fútbol sala | LNFS". Mundo Deportivo. 2017-06-19. Consultado o 2019-05-16. 
  23. "Ricardinho, mejor jugador del mundo por quinta vez". SPORTYOU (en castelán). 2018-01-10. Consultado o 2019-05-16. 
  24. "Europeo Fútbol Sala 2018: Resumen y resultado de la derrota de España en la final". Marca.com (en castelán). 2018-02-10. Consultado o 2019-05-16. 
  25. "Europeo Fútbol Sala 2018: Ricardinho cumple su sueño: título, Bota de Oro y MVP". Marca.com (en castelán). 2018-02-10. Consultado o 2019-05-16. 
  26. "Europeo Fútbol Sala 2018: Así vivió Ricardinho, en la grada, el triunfo de Portugal ante España". Marca.com (en castelán). 2018-02-10. Consultado o 2019-05-16. 
  27. "Fútbol sala: El Movistar Inter entra en la leyenda en los penaltis". Marca.com (en castelán). 2018-06-19. Consultado o 2019-05-16. 
  28. "Ricardinho vai deixar Nagoya Oceans". www.record.pt (en portugués). Consultado o 2019-05-16. 
  29. Lusa. "Ricardinho regressa ao Benfica e aponta título como objectivo". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2019-05-16.