Adrià Carmona
Adrià Carmona Pérez, nado o 8 de febreiro de 1992 en Igualada (Cataluña), é un futbolista profesional español das canteiras do Barcelona e do Milan. É internacional coas categorías inferiores da selección española.
Adrià Carmona | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Adrià Carmona Pérez | ||
Nacemento | 8 de febreiro de 1992 (31 anos) | ||
Lugar de nacemento | Igualada | ||
Altura | 1,72 m | ||
Posición | Extremo / media punta | ||
Información de club | |||
Club actual | CD Lugo | ||
Número | 7 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2010 | Barcelona | ||
2010–2011 | Milan | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2011–2013 | Milan | 0 | (0) |
2013 | → Zaragoza (ces.) | 3 | (0) |
2013–2014 | Girona | 18 | (0) |
2014–2015 | Espanyol B | 28 | (7) |
2015–2016 | Albacete | 22 | (1) |
2016–2018 | Lugo | 4 | (0) |
Selección nacional | |||
2008–2009 | España sub-17 | 17 | (4) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 16 de agosto de 2018[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Nado en Igualada (Barcelona, Cataluña), a carreira deportiva de Adrià comeza na canteira do Futbol Club Barcelona, onde chegou con tan só 9 anos. En 2010 asina co AC Milan debido a que non dispón de minutos no primeiro equipo. No filial sub-19 do Milan, xoga 44 partidos onde anota 11 goles. Con todo, a pesar de ter sido convocado en varias ocasión co primeiro equipo no chega a debutar. En xaneiro de 2013 é cedido ao Real Zaragoza polo que resta de temporada. Debuta como profesional o 16 de febreiro dese mesmo ano nunha derrota ante o Club Atlético Osasuna por 0−1. En xullo de 2013 recibe a carta de liberdade do Milan, co que aínda lle restaba un ano máis de contrato, sendo presentado o 2 de xullo como novo xogador do Girona FC para as seguintes dúas temporadas. No verán de 2014 o RCD Espanyol faise cos seus servizos para o filial. Alí permanece un ano até que volta á segunda división da man do Albacete Balompié. Tras o descenso do club albaceteño, asina co Club Deportivo Lugo por dúas temporadas.[1][2]
Clubs editar
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
AC Milan | Serie A | 2011−2012 | 0 | 0 |
AC Milan | Serie A | 2012−2013 | 0 | 0 |
Real Zaragoza | La Liga | 2013 | 3 | 0 |
Girona | La Liga 2 | 2013−2014 | 18 | 0 |
Espanyol B | Segunda B | 2014−2015 | 28 | 7 |
Albacete | La Liga 2 | 2015−2016 | 22 | 1 |
Lugo | La Liga 2 | 2016−2017 | 3 | 0 |
Lugo | La Liga 2 | 2017−2018 | 1 | 0 |
Notas editar
- ↑ "Adriá Carmona, nuevo jugador del CD Lugo". 21 de xullo de 2016.
- ↑ "Fede Vico y Adrià Carmona terminan contrato con el Lugo". Consultado o 22 de marzo de 2019.