Adelio Dell'Oro, nado en Milán o 31 de xullo de 1948, é un eclesiástico católico latino, dende 2015 bispo de Qarağandı.

Adelio Dell'Oro
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1948 en Milán, Italia
Ordes
Ordenación sacerdotal28 de xuño de 1972, por Giovanni Umberto Colombo
Consagración episcopal2 de marzo de 2013, por Angelo Scola
Bispo de Qarağandı
2015 - actualidade
Outros

Escudo de Adelio Dell'Oro
Unum loquuntur omnia
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu en Milán, capital da provincia homónima e sé arcebispal, o 31 de xullo de 1948. En 1959 entrou no seminario menor milanés, e a partir de 1967 no seminario maior, completando os seus estudos na Facultade de Teoloxía do Norte de Italia. O 28 de xuño de 1972 foi ordenado sacerdote diocesano polo cardeal Giovanni Umberto Colombo.

Logo da súa ordenación foi vigairo parroquial na parroquia de Santo André de Milán entre 1972 e 1983, e vigairo parroquial na parroquia de Santa María Asunta de Buccinasco entre 1983 e 1997. Ao mesmo tempo foi profesor de relixión en varias escolas, entre 1974 e 1997.

En 1997 foi enviado fidei donum a Casaquistán, onde foi director do seminario interdiocesano de Qarağandı e director de Cáritas entre 1997 e 2007, e párroco en Vïşnevka e colaborador da nunciatura apostólica e profesor de teoloxía no seminario entre 2007 e 2009.

En 2009 volveu a Italia e foi nomeado encargado do colexio Guastalla de Monza e asistente diocesano de Comuñón e Liberación, entre 2010 e 2012. Nestos anos viviu na parroquia de San Zenón de Cambiago.

Pontificado editar

O 7 de decembro de 2012 foi nomeado polo papa Bieito XVI administrador apostólico de Atıraw e bispo titular de Castulo. Recibiu a consagración episcopal o 2 de marzo de 2013 de mans do cardeal Angelo Scola, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo emérito de Milán Dionigi Tettamanzi e ao arcebispo de Santa María en Astana Tomasz Peta.

O 31 de xaneiro de 2015 o papa Francisco nomeouno bispo de Qarağandı.