Adelaida
Adelaida[1][2][3] (en inglés: Adelaide) é a quinta maior cidade de Australia, sendo capital e a cidade máis poboada do estado de Australia Meridional, cunha poboación de máis de 1 200 000 habitantes.
Adelaide (en) | ||||
Nomeado en referencia a | Adelaide de Saxe-Meiningen | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Australia | |||
Estado da Austrália (pt) | Australia Meridional | |||
Capital de | Australia Meridional (1836–) | |||
Contén a división administrativa | Adelaide (en) Adelaide Hills (en) Burnside (en) Campbelltown (en) Charles Sturt (en) Gawler (en) Holdfast Bay (en) Marion (en) Mitcham (en) Norwood, Payneham and St Peters (en) Onkaparinga (en) Playford (en) Port Adelaide Enfield (en) Prospect (en) Salisbury (en) Tea Tree Gully (en) Unley (en) Walkerville (en) West Torrens (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.295.714 (2016) (1.000,55 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.295 km² | |||
Altitude | 1 m | |||
Creación | 28 de decembro de 1836 | |||
Organización política | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 5000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 08700, 08701, 08702, 08703, 08704, 08705, 08706, 08707, 08708, 08709, 08710, 08711, 08712, 08713, 08714, 08715, 08716, 08717, 08720, 08721, 08722, 08723, 08724, 08725, 08730, 08731, 08732, 08733, 08734, 08735, 08736, 08740, 08741, 08742, 08743, 08744, 08745, 08746, 08747, 08810, 08811, 08812, 08813, 08814, 08815, 08816, 08817, 08819, 08820, 08821, 08822, 08823, 08824, 08825, 08826, 08827, 08829, 08830, 08831, 08832, 08833, 08834, 08835, 08836, 08837, 08839, 08840, 08841, 08842, 08843, 08844, 08845, 08846, 08847 e 08849 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | adelaide.sa.gov.au | |||
É unha cidade costeira situada na parte sur do océano Pacífico nos Altos de Adelaide, ao norte da península de Fleurieu, entre o golfo de San Vicente e as Montañas Lofty Ranges. É unha cidade bastante lineal. Adelaida está considerada como a terceira cidade de importancia en Australia, por detrás de Sydney e a capital, Canberra.
Historia
editarO territorio onde se asenta a cidade actual foi o fogar do pobo kaurna ata a chegada dos europeos. A provincia de Australia Sur foi oficialmente establecida o 28 de decembro de 1836, e a cidade foi fundada en 1837, e nomeada Adelaida en honra á Raíña Adelaida, a esposa do Rei Guillerme IV de Inglaterra. O coronel William Light, un dos "pais" da formación da cidade, deseñou a cidade e a súa localización estratéxica, cerca do río Torrens. Light deseñou Adelaida con grandes espazos, grandes prazas e parques e edificios fermosos.
Adelaida axiña se converteu na cidade das liberdades[Cómpre referencia], con liberdade de elixir relixión, progresismo político e liberdades civís, que liderou as grandes reformas mundiais. Hoxe en día, Adelaide é coñecida como a cidade da cultura en Australia, con moitos festivais, teatros… así como o viño da rexión, arte e deportes.
Centro dunha colonia pensada para inmigrantes libres, baseada na liberdade de relixión, atraeu a inmigrantes alemáns, xa no ano 1840 a cidade tiña 6 500 habitantes.
Economía
editarAdelaida é o centro gobernativo, comercial e cultural de Sur Australia. Adelaida é o sitio de moitos gobernos e empresas financeiras. Moitos destas empresas e traballos concéntranse no centro da cidade, desde o Boulevard Cultural de North Terrace ata os distritos financeiros da cidade.
A economía está baseada na industrias (materiais de construción, manufactura de compoñentes eléctricos, fabricación de automóbiles e refinado de petróleo). Produce cereais, la, froita e viño.
Cultura
editarO seu urbanismo foi moi coidado, cos distritos residenciais separados da área comercial polo río Torrens. Destacan amplas rúas como King Willian e North Terrace, e belísimos edificios como o do Parlamento, a sede do Goberno, a Catedral Católica, as universidades, o Observatorio, o Museo e a Galería de Arte.
Medios de comunicación
editarTen 6 canles de televisión, 9 estacións de radio e 2 xornais.
Lingua
editarNotas
editar- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Adelaida (Australia)
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ «Adelaida». Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 51.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adelaida |
Ligazóns externas
editar- Páxina web de Adelaida (en inglés).