Addax

antílope que vive en zonas illadas do Sáhara

O addax (Addax nasomaculatus) é un antílope de extrema rareza que vive en múltiples zonas illadas do Sáhara. O addax mide arredor de 1 metro de altura e pesa 125 kg. É de cor branca, agás o seu peito, pescozo e testa que son predominantemente castaños, cunha zona branca sobre a ponte do nariz e outras arredor da boca. Os cornos anelados están presentes nos machos e femias, diferenciándose no tamaño: nos machos chegan aos 120 cm de longo e nas femias a 80 cm. A diferenza doutros antílopes carece de glándulas faciais e presenta unha gran dentamia rectangular, semellante á do gando.[4]

Addax
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Hippotraginae
Xénero: Addax
Laurillard, 1841
Especie: A. nasomaculatus
Nome binomial
Addax nasomaculatus
(de Blainville, 1816)[2]
Distribución do addax
Distribución do addax

Distribución do addax
Sinonimia

Os addax viven en zonas desérticas, alimentándose da herba e follas dos arbustos que están adaptados ao deserto. Non beben, obtendo toda a humidade que precisan do que comen. É un animal nocturno, descansando durante o día en buratos que eles mesmos escarvan. Viven en rabaños de entre dous e vinte animais, femias e machos, cunha forte estrutura social baseada na idade, o macho máis vello conduce a grea, percorrendo grandes distancias na procura de alimento.

En grave perigo de extinción, en 1966 había 6.000, mentres en 1998 quedaban uns 200 individuos no Chad, Malí, Mauritania e Níxer, algún rabaño illado no sur de Libia, non hai evidencia da súa conservación máis ao norte. Está extinto en Alxeria, Exipto, Libia, o Sudán e o Sáhara Occidental. Foi reintroducido en Marrocos e Tunisia.

Notas editar

  1. IUCN SSC Antelope Specialist Group (2008). "Addax nasomaculatus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 13 de novembro de 2008. Database entry includes justification for why this species is listed as critically endangered and the criteria used.
  2. 2,0 2,1 Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. p. 717. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  3. Krausman, P.R. & Casey, A.L. (2012). "Addax nasomaculatus". Mammalian Species: Number 807: pp. 1–4. doi:10.1644/807.1. 
  4. Robert Burton The International Wildlife Encyclopedia, vol 8. Marshall Cavendish, 2002, páxina 24

Véxase tamén editar