Acmonital

aliaxe empregada na cuñaxe de moeda

O acmonital (acrónimo do italiano: acciaio monetario italiano; "aceiro monetario italiano") é unha aliaxe monetaria, variante do aceiro inoxidable tradicional, utilizada para a cuñaxe de moedas con valores faciais expresados en liras italianas.[1][2] Tamén se atopa en moedas circulantes do Vaticano e San Marino, e da Albania baixo a dominación Italiana.[3]

Anverso das 100 liras de 1957, cuñadas en acmonital

Composición editar

O acmonital é un tipo de aceiro inoxidable á base de cromo, ferro e ás veces níquel, e con pequenas proporcións de carbono, magnesio, silicio, xofre e fósforo, que ten dúas manifestacións diferentes en función de cales sexan os seus compoñentes principais e as súas porcentaxes, con cadanseu código AISI do American Iron and Steel Institute:[3][4]

  • AISI 304: aliaxe non magnética, cun 72 % de ferro, un 18 % de cromo e un 10 % níquel; máis dura e pesada, polo seu contido en níquel.[5]
  • AISI 430: aliaxe con propiedade magnética, composta por un 82 % de ferro e un 18 % de cromo.[6]

Uso na moeda italiana editar

O acmonital deseñouse para a cuñaxe de moedas italianas na Zecca dello Stato, de Roma, a partir de 1939 a nome de Vítor Manuel III, concretamente os valores de 20 e 50 centésimos, e de 1 e 2 liras.[1][7] Estas primeira cuñaxes producíronse en acmonital non magnético (código 304).[3]

As emisións posteriores a 1940 producíronse con acmonital magnético (AISI 430), de menor dureza e menor peso que as anteriores, ao careceren de níquel na súa composición. Neste segundo período serviu para a cuñaxe das moedas de 50 e de 100 liras da República Italiana e para a parte exterior da moeda bimetálica de 500 liras (esta desmonetizada en 1998), as derradeiras series en liras antes da implantación do euro.[3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Coins of steel alloy for Italy". En The New York Times. 4 de xuño de 1939.
  2. "Acmonital". Bolaffi Collezionismo.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Acmonital / Acmonitalmünzen". BTN Münzen.
  4. 4,0 4,1 "Il Nickel e le sue Leghe nella Monetazione Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". Società Numismatica Italiana.
  5. "AISI 304 (S30400) Stainless Steel". MakeltFrom.com
  6. "AISI 430 (S43000) Stainless Steel". MakeltFrom.com
  7. "Acmonital". En Sapere.it

Véxase tamén editar

Outros artigos editar