Achilles Last Stand

«Achilles Last Stand»
canción de Led Zeppelin
do álbum Presence
Lanzamento 31 de marzo de 1976
Formato
Gravada Musicland Studios
Novembro-decembro de 1975
Xénero musical Heavy metal, hard rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 10:25
Discográfica Swan Song
Produtor(es) Jimmy Page
Escritor(es) Jimmy Page / Robert Plant
Cronoloxía
«-» «Achilles Last Stand» «"For Your Life
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Achilles Last Stand"[1] é unha canción da banda británica de rock Led Zeppelin. Contida no seu sétimo álbum de estudio Presence. Lanzada o 31 de marzo de 1976, a canción abre o álbum Presence. Foi escrita por Jimmy Page e Robert Plant na casa de Page, en Malibú (California), onde botaron un mes mentres Plant se recuperaba das mancaduras que sufrira nun accidente de coche en Grecia en 1975. A canción foi entón gravada na Musicland Studios en Múnic, Alemaña.

Con 10 minutos e 25 segundos de duración, "Achilles Last Stand" é a terceira canción máis longa da banda, detrás só de "In My Time of Dying" con 11:06 e "Carouselambra" con 10:34. É famosa polo poderoso son de batería de John Bonham, o galopante baixo de John Paul Jones (tocado nun Alembic personalizado de oito cordas) e o overdub de arranxo de orquestra de Jimmy Page na guitarra (as pistas de guitarra foron gravadas en Múnic nunha única sesión). Page aplica o control de paso durante a produción desta canción para acelerala, unha das poucas veces que utilizou ese dispositivo no estudio para temas de Led Zeppelin.[2]

Créditos

editar
  1. *O apóstrofo, que debe estar na frase "Achilles' Last Stand" no inglés correcto, non está presente no título da música.
  2. Brad Tolinski e Greg Di Bendetto, "Light and Shade", Guitar World, Janeiro de 1998.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lewis, Dave (2004). Omnibus Press, ed. The Complete Guide to the Music of Led Zeppelin (en inglés). p. 96. ISBN 0-7119-3528-9. 
  • Welch, Chris (1998). Thunder's Mouth Press, ed. Led Zeppelin: Dazed and Confused: The Stories Behind Every Song (en inglés). p. 160. ISBN 1-56025-818-7. 

Ligazóns externas

editar